29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.09.2013

7.700. Esta e a cifra de persoas que pasaron pola oficina de turismo de Foz durante os meses de xuño, xullo e agosto

Máis de 7.700 persoas pasaron pola oficina de turismo de Foz durante os meses de xuño, xullo e agosto.

A concelleira Maite López Rego considera que o verán foi moi positivo e destaca o éxito da Festa Normanda.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [45 Voto/s]

Foz, 6 de setembro de 2013.- 7.739 persoas pasaron pola oficina de turismo de Foz durante os meses de xuño, xullo e agosto. Este dato foi dado a coñecer pola concelleira Maite López Rego, quen considera que o verán tivo un resultado moi positivo para o concello e destacou o éxito da terceira Festa Normanda, celebrada a pasada fin de semana.

Maite López explicou que na oficina de turismo focense foron atendidos 302 visitantes no mes de xuño, mentres que en xullo houbo 1.702 e en agosto pasaron 5.735 persoas. E comentou que “se botamos a vista atrás e nos fixamos nos números do ano pasado observamos que este verán pasaron polas nosas oficinas case 5.000 persoas máis que no de 2012”.

A concelleira de Turismo tamén salientou que “afortunadamente o período estival acabou cunha total tranquilidade e non temos que lamentar ningún incidente grave. Dende esta Concellería quixemos esperar a ter os números na man para contestar a todos aqueles que estaban preocupados polo funcionamento da oficina de turismo. Non nos gusta saír á palestra sen datos nin entrar en todas cantas polémicas saca certo grupo da oposición; gústanos demostrar con feitos que non son certas as cousas que din e que o único que queren facer é prexudicar e calumniar ó equipo de goberno”.

“Nós seguiremos traballando na nosa liña: traendo o máximo posible para o concello e intentando superar esta crise que nos persegue”, engadiu López Rego, quen tamén resaltou “un dos feitos importantes do concello no mes de agosto, que foi a Festa Normanda” e felicitou “a Concellería de Cultura e a cantos participaron na súa organización, porque se conseguiu un éxito total e rotundo e estou segura de que ano tras ano seguiremos mantendo este nivel e incluso intentaremos superalo”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz