17 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.09.2013

Valoración positiva do servizo de salvamento e socorrismo nas praias e da limpeza dos areais durante o verán

O alcalde en funcións de Foz destaca o labor realizado polos que traballaron no socorrismo e na limpeza das praias este verán.

Pedro Fernández Manín aclarou que estes servizos estiveron operativos durante 2 meses, como no resto dos concellos da zona.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [5 Voto/s]

Foz, 9 de setembro de 2013.- O alcalde en funcións de Foz e portavoz do goberno municipal, Pedro Fernández Manín, destacou hoxe o labor realizado polo persoal que traballou no socorrismo e na limpeza das praias este verán. Ademais aclarou que estes servizos estiveron operativos no municipio focense durante dous meses, “como no resto dos concellos da zona”.

Fernández Manín manifestou esta mañá que o equipo de goberno “fai unha valoración moi positiva do traballo que desempeñou o persoal de salvamento nas praias do concello este ano. Este servizo estivo cuberto por 16 socorristas sostidos con fondos da Xunta de Galicia, ademais de 10 voluntarios de Protección Civil por medio dun convenio co Concello de Foz. Aparte destes socorristas había 4 auxiliares de Protección Civil e outras 4 sostidas pola Xunta de Galicia”.

O portavoz do goberno local aclarou que “desde un primeiro momento manifestamos que no presente ano soamente íamos ter servizo de socorristas mentres houbera a subvención da Xunta de Galicia, dado que non están os tempos para que o Concello soporte gastos superiores. Pero quero resaltar que cumpriron totalmente cas súas funcións e estiveron en todo momento dispostos a todo. Este servizo foi cuberto totalmente durante os meses de xullo e agosto, ata acabar os contratos. Noutros concellos estiveron os socorristas algún día despois, pero foi porque empezaron máis tarde. Por iso estráñanos que o BNG local diga que nós si fixemos recortes, cando no Concello de Ribadeo, gobernado polo BNG, o servizo estivo operativo tamén durante 2 meses: rematou uns días despois, pero foi porque empezara máis tarde”.

Pedro Fernández referiuse tamén á limpeza de praias e explicou que “tivemos 14 persoas traballando, 8 subvencionadas pola Xunta de Galicia e 6 contratadas pola Concello, ademais doutras dúas que estiveron dedicadas á limpeza nas rúas de Foz. Penso que é un servizo que funcionou con normalidade, a pesar de que é un traballo difícil de facer, porque o persoal en todo momento puxo todo o empeño”.

O rexedor rematou referíndose ao estado dos paseos marítimos, estradas e áreas recreativas para lembrarlle ao grupo municipal socialista que “este ano foi atípico, porque todos sabemos que o mes de xuño foi moi chuvioso e a herba e a maleza medrou día a día. A pesar disto si se fixeron rozas nas parroquias como mínimo dúas veces durante os meses de xullo e agosto; e o paseo marítimo de Foz, incluídas as áreas recreativas, rozáronse polos menos 3 veces e nalgúns sitios fíxose en máis ocasións. Por conseguinte non entendo como se pode dicir que non estivemos á altura. Desde o goberno local comprendemos que cada grupo ten que defender o seu programa e o que fixo anteriormente, pero non dicir que todo o facemos mal”.
 
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz