16 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

29.08.2013

Mañá comeza a III Festa Normanda de Foz

Mañá dará comezo a III Festa Normanda de Foz, que se desenvolverá ata o domingo.

O alcalde destaca que o día grande será o sábado, cando se fará o desembarco na hostalería.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [64 Voto/s]

Foz, 29 de agosto de 2013.- Mañá dará comezo a III Festa Normanda de Foz, que se desenvolverá ata o domingo. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, destaca que o día grande será o sábado, co desembarco na hostalería, entre outras actividades.

O rexedor municipal sinalou hoxe que “durante toda esta semana os empregados do Concello de Foz estiveron cos preparativos da Festa Normanda que empezará mañá a partir das 17:30 horas coa inauguración do campamento normando. Despois, ás 19:30 horas, xa na capela do Bispo Santo, de San Martiño, teremos o pregón que vai facer o escritor Francisco Narla, unha persoa que é moi coñecedora do mundo normando, de feito, o seu último libro, Assur, trata precisamente das invasións normandas na costa de Lugo. Ó remate, teremos a propia escenificación teatral da lenda do Bispo Santo por parte dos veciños de San Martiño e despois será a peregrinación ó Concello de Foz, onde se fará unha recepción e unha queimada. A partir de aí xa entramos no día grande, o sábado, onde moita xente vai participar no desembarco, nas actividades de talleres, no mercado normando, que este ano vai ser na rúa Paco Mañón, na zona antiga de Foz, e en moitas actividades de xogos históricos, como a carreira de barrís ou a cucaña”. O importante do sábado será, explica Javier Castiñeira, “sobre todo o desembarco na hostalería, porque sabemos que é un día de estar por fóra e divertirse cos amigos”.

O alcalde espera que “o concello, nesta III Festa Normanda, estea á altura. Temos moitas expectativas porque é unha festa do pobo, na que se está involucrando moita xente e moitos colectivos focenses, dende a propia comisión ata as peñas do Carnaval, e tamén, por suposto, os grupos folclóricos e asociacións. É unha festa que ten unha acollida moi boa, coa que practicamente remata o verán e desexamos que todos os focenses, todos os mariñáns e todos aqueles que nos visitan, gocen dese día. O pobo está moi bonito, moi engalanado, a xente está moi integrada no plan e baixamos ata o século X. Creo que é unha fin de semana bonita para pasala en Foz. Polo tanto quedan todos invitados a vir a Foz e gozar da Festa Normanda como un normando ou un focego máis”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz