20 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

28.08.2013

O novo PXOM levarase a pleno en setembro.

O novo plan urbanístico de Foz levarase a pleno en setembro para tratar a súa exposición ao público.

O alcalde espera que os grupos municipais da oposición non poñan ningún impedimento e deixen que os veciños poidan revisalo.

Recomendar Imprimir Atrás

2.6/5 [40 Voto/s]

Foz, 28 de agosto de 2013.- O novo plan urbanístico de Foz levarase a pleno en setembro para tratar a súa exposición ao público. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, espera que os grupos municipais da oposición non poñan ningún impedimento e deixen que os veciños poidan revisalo.

O rexedor municipal focense explicou hoxe que “os grupos municipais xa puideron revisar o adianto do Plan Xeral e nós temos expectativas e cremos que os grupos da oposición non poñerán impedimento ningún a que se expoña ao público este novo documento, posto que é o inicial do ano 2007 aínda que, evidentemente, houbo que facerlle as modificacións correspondentes a toda a normativa que entrou en vigor dende o ano 2007 ata agora”.

Javier Castiñeira engadiu que no documento do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal “contempláronse moitas das suxestións que propuxeron os grupos de traballo e tamén moitas das alegacións, que foron favorables. Polo tanto, unha vez xa os propios grupos puideron revisalo, incluso cos técnicos municipais, queda agora, en cuestión de semanas, levalo a pleno, onde se tratará a exposición ao público. A partir de aí queda un traballo grande, xa coa propia comisión que hai formada e con toda esta xente tamén dos grupos de traballo onde están representadas todas as parroquias e os grupos municipais”.

O alcalde cre que o novo PXOM “é un documento que debe cubrir as necesidades urbanísticas que ten o pobo”, e explica que o actual “está cunha normativa completamente desfasada, do ano 1981 e cunha inseguridade xurídica grande”.

Castiñeira remata explicando que “o grupo de goberno necesita do apoio da corporación para poder presentalo ao público. Hai que recordar tamén que despois haberá un período de exposición e de alegacións. Neste pleno tamén se abordará, aparte da exposición ao público, a resolución das alegacións e, unha vez resoltas, os propios interesados poderán alegar novamente ao documento. Este é o paso inicial e se a corporación non apoia cos votos favorables por parte dunha maioría, non se poderá expoñer ó público e o documento quedará aí novamente apartado, como pasou no ano 2007. Isto é o máximo que pode facer o grupo de goberno. Esperemos que todos os grupos o tomen coa responsabilidade que merece e deixen ao resto dos veciños poder revisalo na exposición ao público”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz