29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

26.08.2013

Valoración da 1ª Feira Multisectorial

O alcalde de Foz valora moi positivamente a 1ª Feira Multisectorial, á que se achegaron cerca de 15.000 persoas durante a fin de semana.

Por iso Javier Castiñeira augura que o vindeiro ano haberá unha segunda edición.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [53 Voto/s]

Foz, 26 de agosto de 2013.- O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, valora moi positivamente os resultados da 1ª Feira Multisectorial de Foz e A Mariña, á que se achegaron cerca de 15.000 persoas durante a pasada fin de semana, segundo destacaron os organizadores. Por iso o rexedor augura que no verán do vindeiro ano 2014 haberá unha segunda edición.

Javier Castiñeira sinalou que “a valoración por parte do Concello da 1ª Feira Multisectorial de Foz e a Mariña non pode ser doutra maneira que moi positiva. A verdade é que houbo moita afluencia de público. Segundo os organizadores e segundo a ACIA, estamos a falar de cerca de 15.000 persoas nun fin de semana, en catro días. Cumpríronse todos os obxectivos dos que se falaron na presentación, con moita capacidade tamén de ventas, que é o máis importante. Sobre todo esa sincronía que houbo co propio pobo, onde se mesturou a parte do que é o propio comercio e as empresas e tamén a propia actividade turística. Eu creo que Foz é un pobo axeitado para este tipo de eventos, sobre todo en verán, e o bo sabor de boca que nos deixa esta feira, non so ó grupo de goberno, senón ós comerciantes de Foz e a todos aqueles que expuxeron, eu creo que nos augura o volver facela nas próximas anualidades. Eu creo que este é un moi bo comezo para todos”.

O alcalde agradece “o traballo feito pola ACIA, o dos organizadores e, por suposto, ós expositores por confiar en Foz; e agradecer, evidentemente tamén, a todos aqueles que viñeron á feira e que gozaron dela. Polo tanto, non me queda outra que dicir que para o ano vémonos na 2ª Feira Multisectorial de Foz e a Mariña”.

Castiñeira engadiu que a feira foi “unha boa antesala tamén para un bo remate do verán”, no que aínda queda a Festa Normanda, “que tamén se publicitou moito nesta feira, xa que o stand do Concello serviu precisamente de escaparate diante destas 15.000 persoas para esa festa, aparte de todo o concello”. Tamén destacou que este verán “está saíndo moi ben, sen ningún incidente, e iso a todos nos enche de orgullo”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz