29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

22.08.2013

Inauguración da I Feira de Mostras Multisectorial e Salón do Automóbil

Abriu as súas portas en Foz a I Feira de Mostras Multisectorial e Salón do Automóbil que se prolongará ata o vindeiro domingo.

A exposición foi inagurada polo alcalde e polo presidente da asociación de comerciantes.

Javier Castiñeira destacou que o porto focense é un lugar ideal para acoller este tipo de eventos e gabou o traballo que está facendo ACIA Foz.

José Carlos Paleo agarda que teña unha importante repercusión económica en toda a comarca.

Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [50 Voto/s]

Foz, 22 de agosto de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, e o presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, inauguraron este mediodía a I Feria de Mostras Multisectorial e Salón do Automóbil que abriu as súas portas na explanada portuaria.

O presidente José Carlos Paleo lembrou que “coincidindo co 25 aniversario da Asociación de Comerciantes fixéronse unha serie de actividades ao longo do ano, que culminan coa celebración desta feria de mostras multisectorial que hoxe da comezo en Foz”. E subliñou a importancia que pode ter para os expositores este evento: “a eles hai que agradecerlles a confianza que amosaron en nós”.

Paleo subliñou que “o custe da feira aproxímase aos 200.000 euros. Quero pedir disculpas polos inconvenientes e os apuros de última hora que se poden producir. Quixemos facer esta inauguración agora para que xa abra as súas portas pola tarde e que os visitantes disfruten da gastronomía, do salón do automóbil e do resto das firmas que estarán aquí con nós ao longo destes días”.

O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos dixo que a “a festa normanda, que se celebrará a finais de mes, repercute economicamente non só en Foz senón no resto da Mariña, e esa mesma repercusión é a que agardamos que teña esta primeira feira de mostras multisectorial e salón do automóbil. Queremos que esta cita sexa outro importante motor, aproveitar os recursos que temos na zona portuaria, melloralos si pode ser, e sabemos que cando se reforman as zonas comerciais ou de hostalería resulta produtivo e moi rendible non só para a xente que o fai, senón para os visitantes”.

Palou engadiu que “oxalá todo saia moi ben e isto teña continuidade noutras edicións”. A I Feria de Mostras Multisectorial e Salón do Automóbil estará aberta ata o vindeiro domingo, 25 de agosto, á noite.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destacou que as instalacións portuarias da vila son “un enclave perfecto para a realización deste tipo de eventos, un entorno ideal coa ría a un paso, no mesmo casco urbano, con amplitude, aparcamento e bos servizos” e anunciou que esta zona “será nun futuro próximo un punto de actividade comercial e de ocio náutico pesqueiro e deportivo e de equipamentos municipais sen parangón na Costa de Lugo”.

O rexedor augurou para a feira “un éxito seguro de participación e de ventas” e explicou que o obxectivo principal do Concello de Foz apoiando este evento “é a promoción da actividade empresarial e comercial e ao mesmo tempo a potenciación turística da nosa vila”.

Javier Castiñeira gabou o traballo de Acia Foz, que “está disposta en todo o momento a colaborar co Concello en todo aquilo que supoña potenciar a marca Foz na nosa vila e incluso fóra dela, que opina, informa, asesora e actúa de forma coordinada co Concello”. Tamén dixo que a realidade económica “obriga ás administracións a ser máis efectivas: con menos recursos á nosa disposición debemos ser capaces de facer o mesmo ou máis que cando eran anos de bonanza. O mesmo lles pasa aos industrias que dende hoxe ata o día 25 expoñen aquí: máis esforzo e sacrificio, máis creatividade e enxeño e maior eficacia e con elo maior competitividade”.

O alcalde lembrou que dende o ano 2001, cando se celebrou a última feira Fexponor, o concello de Foz “non tivo outra feira deste tipo, polo que para todos os que participamos na organización é un verdadeiro reto sacar adiante esta primeira edición e, por suposto, afianzala e consagrala”.

Ao acto de inauguración asistiron concelleiros da Corporación Municipal de Foz; o secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro; o subdelegado do goberno en Lugo, Ramón Carballo; o xefe territorial da Consellería de Presidencia en Lugo, José Manuel Rozas; o coordinador da área de Mar para A Mariña e Ortegal, Pablo Fernández; o deputado provincial delegado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano; a portavoz do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia; o deputado no Congreso, Jaime de Olano; e o presidente da Asociación Provincial de Hostalería, Cheché Real.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz