21 de Maio de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

14.08.2013

XXIX Feira do Libro de Foz

A Feira do Libro de Foz comeza este sábado, día 17, co pregón do escritor e actor Manuel Lourenzo.

Durará ata o martes 20 e contará cun amplo programa.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [20 Voto/s]

Foz, 14 de agosto de 2013.- A Feira do Libro de Foz comeza este sábado, 17 de agosto, co pregón do escritor e actor Manuel Lourenzo. O certame durará ata o martes 20 e contará cun amplo programa de actividades.

O evento presentouse hoxe e o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, comentou que “tanto para todo o equipo de goberno como para min e para o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, que é a súa primeira feira do libro como edil, é un orgullo novamente ter esta feira, a pioneira aquí na Mariña con moita diferenza porque xa son 29 anos”.

O rexedor municipal agradeceu “a todos aqueles que participan na organización desta feira do libro: principalmente á directora, Cielo López, organizadora e representante dos libreiros de Foz; tamén á Federación de Libreiros, neste caso representada por Antonio Fernández Maira, colaborador das feiras do libro; e a Mar Vázquez, a coordinadora das Feiras do Libro de Galicia. Invitar a todo o mundo a que pase por alí e a que gocen da Feira do Libro de Foz”.

Javier Castiñeira anunciou que o certame “inaugurarase o próximo día 17, sábado, ás 17:30 horas e dará o pregón o autor teatral e actor Manuel Lourenzo. Estará amenizado pola agrupación folclórica O Feitizo e a partir de aí haberá presentacións de libros de diferentes autores, sobre todo locais e da Mariña, facendo fincapé nos do Valadouro este ano pero, en xeral, en todos aqueles que desexan seguir elaborando libros e espallando cultura non só na nosa localidade senón tamén en toda A Mariña. Reitero agradecementos a todos os patrocinadores da Feira do Libro e en especial tamén ás institucións, tanto á Xunta de Galicia como á Deputación de Lugo, que tamén participan no financiamento desta feira xunto co Concello, evidentemente, cunha achega económica e incluso cos medios que se poñen á disposición da Federación de Libreiros”.

O programa, dixo o rexedor, “está cheo de actividades para maiores e tamén para os nenos, nun lugar de encanto como é a praza Conde de Fontao. Durante todos estes días, dende o sábado 17 ata o martes 20 de agosto, en horario de 17:30 horas a 22:00, que é outra das peculiaridades desta feira, o horario de tarde. Alí nos vemos e invitamos a todo o mundo a que vaia a Foz, que goce da praza Conde de Fontao, dos libros e das actividades e que invista en libros, porque eu creo que é moi produtivo para todos e a verdade é que no momento no que estamos é interesante tratar de buscar un momento de ocio neles”.

Castiñeira deu tamén as grazas “ós participantes: á librería Bahía, de Foz; á librería Lector Nobel, de Burela; á librería Aenea, de Santiago; á librería Cartabón, de Vigo; a librería El faro de los tres mundos, de Lugo; á Deputación Provincial e á Biblioteca Infantil, que vai a ser unha novidade este ano, ademais da caseta de Información que pon a propia Feira do Libro. A todos eles moi boa sorte”.

Ademais de presentacións e sinaturas de libros tamén se realizarán outros actos, como sorteos de lotes de publicacións todos os días ás 21:45 horas; un concurso de debuxo, o domingo ás 18:30 horas, que terá premios como recompensa; un recital poético, o domingo ás 20:30 horas; varias actividades infantís e a actuación da Banda de Música de Foz, que será o martes 20 ás oito da tarde.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz