19 de Setembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

14.08.2013

Este domingo, día 18, recuperarase en Cangas de Foz a feira de gando que tiña lugar fai décadas.

Ademais da exposición e venda de reses de vacún e cabalar haberá competicións con premios de ata 150 euros.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [44 Voto/s]

Foz, 14 de agosto de 2013.- O próximo domingo, día 18 de agosto, recuperarase en Cangas de Foz a feira de gando que tiña lugar fai décadas. Ademais da exposición  e venda de reses de vacún e cabalar haberá competicións nas que se poderán gañar ata 150 euros.

A primeira feira de gando da nova etapa realizarase a carón da área recreativa dos Castros, na que dende as 10 da mañá recibirase ós gandeiros que concorran con reses para a exposición e venda das mesmas. Despois de almorzar, para o que estará instalada unha pulpería no recinto feiral, darán comezo ás 5 da tarde no campo de fútbol as competicións de cabalos. A primeira modalidade será a de andadura, con dúas modalidades de cabalos cruzados do país: chapeados e serrados. Despois da proba anterior será a quenda dos cabalos trotóns, na que participarán xuntos os cabalos das dúas modalidades.

Ó remate dos concursos terá lugar no campo de competición a entrega, por parte das autoridades asistentes, dos premios para os participantes na feira e nas competicións. Os galardóns polas probas de andadura de cabalos cruzados serán: un primeiro premio de 150 euros máis un trofeo; un segundo premio de 100 euros; terceiro premio de 50 euros e un cuarto premio que será un saco de penso. Os premios polas probas de andadura de cabalos trotóns serán os mesmos. Tamén terán recompensa os participantes na feira, gañando 50 euros e un saco de avea tanto o gandeiro con maior número de reses de cabalar como o que presente o maior número de vacún.

Na presentación da feira, na que se deron a coñecer estes actos e premios, estiveron os concelleiros do goberno local focense Pedro Fernández Manín e Maite López Rego; directivos da asociación de veciños de Cangas e os membros da Agrupación de Cabaleiros de Cangas: Eladio, Eugenio, Miguel, Rubén e Soraya.

Así o Concello de Foz, por iniciativa dos Cabaleiros de Cangas, recupera esta feira que comezou a celebrarse todos os días 14 de cada mes a finais dos anos 30, no fondal do barrio da Gralleira, por iniciativa de Don Máximo Vázquez (O Salgueiro), que exercía na parroquia como representante da administración. A feira foi adquirindo unha grande sona na comarca, xa que o emprazamento estaba dotado de case todos os servizos, e polo tanto, a Cangas, achegábanse máis de 200 cabezas de gando de toda a comarca para facer negocios. A raíz do comezo desta actividade, os veciños da parroquia foron quen de organizar unha sociedade gandeira de seguros dos animais. Segundo explica a organización, “co paso do tempo, e sen motivo aparente, desgraciadamente para os intereses da parroquia, a feira foi languidecendo e morrendo ata que, a principios dos anos corenta, deixou de existir, perdéndose unha referencia da comarca”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz