21 de Maio de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

12.08.2013

Feira de gando de Cangas

O Concello de Foz recupera a feira de gando de Cangas por iniciativa duns rapaces da parroquia.

Celebrarase o vindeiro domingo, día 18 deste mes.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [10 Voto/s]

Foz, 12 de agosto de 2013.- O Concello de Foz recupera a feira de gando de Cangas por iniciativa duns rapaces da parroquia. Celebrarase o vindeiro domingo, día 18 deste mes, segundo anunciou hoxe o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín.

“Cangas a principios do século pasado, é dicir entre os anos 1910 e 1920, e ata o ano 1948, xa celebrou feiras de gando nun sitio que se chamaba a Costa de Rosenda, ó lado do río Alemparte”, explicou Fernández Manín, que tamén comentou que, segundo testemuñas de veciño que hoxe superan os 80 anos de idade, a celebración realizábase neste lugar, aínda hoxe denominado “A Feira”. A Taberna de Rosenda foi a que deu lugar ó topónimo Costa de Rosenda e nos seus baixos aínda se conserva a corte que servía de descanso para os animais de tiro e que logo foi escola dos nenos de Ribela.

O edil sinala que “é unha feira moi antiga que o Concello, por iniciativa dun grupo de rapaces que queren formar unha asociación de cabaleiros que levará o nome de Cabaleiros de Cangas, quere recuperar e sacar novamente adiante. Por parte do Concello apoiarémolos na organización, pero eles corren practicamente coa publicidade, premios, etcétera. É dicir, son un grupo de rapaces ós que eu quero agradecer a súa labor, porque é un traballo que costa moitísimo facer”. Entre os cabaleiros da parroquia de Cangas de Foz podemos encontrar a Miguel, Eladio, Pedro ou Eugenio.

A feira, segundo explica Fernández Manín, será “o próximo día 18 do presente mes e terá a súa presentación oficial por parte do Concello e do grupo de rapaces promotores da iniciativa este xoves. Penso que vai ser unha das feiras da zona con un gran relevo de asistencia de gando, tanto vacún como cabalar”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz