18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.08.2013

O PXOM xa está a disposición dos grupos políticos do concello.

O Concello de Foz recibiu unha copia do PXOM que está a disposición dos grupos políticos municipais.

O alcalde espera que nun pleno que se celebrará en setembro se aprobe a exposición ó público do plan urbanístico.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [25 Voto/s]

Foz, 9 de agosto de 2013.- O Concello dispón dunha copia do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que está a disposición dos grupos políticos municipais para que o revisen cando queiran. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, espera que nun pleno da corporación municipal que se celebrará no mes de setembro se aprobe a exposición ó público do documento.

O rexedor municipal manifestou hoxe que “o grupo de goberno segue na súa liña de querer sacar adiante o Plan Xeral de Foz e deuse agora un paso importante: xa hai unha copia editada do que é o avance inicial para que os técnicos e os portavoces dos grupos políticos municipais poidan telo á súa disposición para botarlle unha ollada antes do pleno que se realizará moi probablemente a primeiros do mes de setembro. Practicamente o plan está rematado, soamente quedan uns flecos na sostibilidade económica dado que hai unha serie de circunstancias importantes que inflúen no plan, como é que haxa máis vivendas censadas que habitantes; pero os técnicos, tanto o interventor como os propios redactores, están tratando de encaixar a sostibilidade do plan. O máis importante é que a copia está xa aquí no Concello e xa se lle transmitiu ós portavoces a súa dispoñibilidade para que cando o desexen poidan vela cos propios técnicos e opinar sobre ela”.

Javier Castiñeira explicou tamén que, “tal e como se falou no seu momento cos portavoces, se está cumprindo este obxectivo e o que quere este grupo de goberno é total transparencia nun tema tan importante e transcendental. O que desexamos é que no pleno do mes de setembro a corporación municipal apoie sacar este documento ó público para que os propios veciños e afectados poidan tamén velo e presentar as súas alegacións, no caso de que non estean de acordo. Os obxectivos dende logo son sacar a información ó público en setembro, con dous meses para alegacións, despois responder novamente a estas, e esperemos que no período de entre un ano ou ano e medio poidamos ter xa o documento definitivo”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz