17 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

05.08.2013

Felicitación do alcalde ós organizadores dos distintos actos da pasada fin de semana.

O alcalde de Foz felicita ós organizadores das actividades celebradas a pasada fin de semana, que trouxeron unha gran afluencia de turistas ó concello.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [19 Voto/s]

Foz, 5 de agosto de 2013.- O alcalde de Foz agradece e felicita ós organizadores das actividades celebradas esta pasada fin de semana, que trouxeron unha gran afluencia de turistas ó concello.

Entre os actos que se desenvolveron estivo a V Festa da Inmigración, pola que o rexedor municipal, Javier Jorge Castiñeira, en representación do grupo de goberno, felicita “a todas aquelas persoas que pasaron e estiveron organizando a festa no paseo da Ribeira. Foi un éxito en xeral de participación, con moita xente, e esgotáronse as comidas de todo os países. A verdade é que quedamos encantados pola aceptación desta actividade, que é unha festa de integración que di moito dun pobo receptivo para diferentes culturas. A integración na nosa localidade está completamente feita. Neste caso, dar tamén as grazas a todos aqueles que participaron, organizaron, fixeron as comidas e se vestiron e prepararon un acto que eu creo que é digno dun pobo receptivo como Foz”.

Xunto con este, houbo outros actos que fixeron, como explica Javier Castiñeira, “que o fin de semana houbese moita afluencia de turistas. Eu creo que Foz está mellor ca nunca, é un pobo capaz de absorber máis do triplo das persoas que vivimos aquí. A verdade é que houbo moitas actividades durante a fin de semana, tanto a 51ª edición da regata de piragüismo, que foi un éxito, coma a ruta de sendeirismo ou as festas en Vilaxoane. En xeral, eu creo que a hostalaría pode estar moi contenta pola cantidade de afluencia de turistas e, neste caso, estamos moi contentos e esperamos que o verán siga nesa tónica”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz