22 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

08.08.2013

Mellora de alumeados públicos no Concello de Foz

O Concello de Foz mellorou alumeados públicos nas parroquias de Cangas, Fazouro e Nois coa instalación de luminarias de baixo consumo para aforrar enerxía e a substitución de postes de madeira por formigón.

Esta obra levouse a cabo dentro do plan POS da Deputación Provincial.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [47 Voto/s]

Foz, 7 de agosto de 2013.- Alumeados públicos das parroquias focenses de Cangas, Fazouro e Nois foron mellorados coa instalación de luminarias de baixo consumo, para aforrar enerxía, e tamén se substituíron algúns postes de madeira, que estaban moi deteriorados, por outros de formigón. Esta obra, que se levou a cabo dentro do plan POS da Deputación Provincial de Lugo, acaba de ser recepcionada polo Concello de Foz, tal como anunciou hoxe o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural e Obras, Pedro Fernández Manín.

“O Concello de Foz acaba de recepcionar a obra de mellora de alumeados públicos nas parroquias de Nois, Cangas e Fazouro. Tiñan lámpadas con barras chamadas villaplanas, que foron cambiadas por farois de baixo consumo con tres niveis, o que vai supoñer un aforro do consumo de enerxía e mellor servizo a todos os veciños”, explicou Fernández Manín, quen engadiu que esta obra “foi financiada por medio do plan POS, entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Foz ao 50 por cen. Custou preto de 25.000 euros”.

O concelleiro de Medio Rural e Obras tamén comentou que esta actuación “supuxo un cambio de 121 puntos de alumeado nestas tres parroquias, nunhas máis que noutras porque, por exemplo, estaban máis deterioradas en Cangas que nas outras dúas. E en Nois, concretamente no barrio de Cabanas, tamén substituímos as luminarias que había polas de baixo consumo. Ademais cambiáronse con cargo ao Concello varios postes de madeira, que estaban totalmente deteriorados, por outros de formigón”.

Pedro Fernández Manín rematou explicando que esta obra era necesaria porque “aparte de servir para reducir o consumo eléctrico había farolas que estaban caendo”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz