18 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

31.07.2013

Rematou en Fazouro o ciclo de xuntanzas polas parroquias do equipo de goberno focense.

En Fazouro rematou onte o ciclo de xuntanzas veciñais nas parroquias que mantivo o equipo de goberno focense.

O alcalde dixo que o resultado é moi positivo e anunciou que se repetirán o vindeiro ano.

Recomendar Imprimir Atrás

3.5/5 [62 Voto/s]

Foz, 31 de xullo de 2013.- En Fazouro rematou onte o ciclo de xuntanzas veciñais que mantivo o equipo de goberno do Concello de Foz. Javier Castiñeira dixo que o resultado é moi positivo e anunciou que se volverán facer o vindeiro ano.

Para rematar as reunións nas parroquias do concello o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e outros dous concelleiros do goberno local, Pedro Fernández Manín e Ánxel Paleo, xuntáronse onte cos veciños de Fazouro. O rexedor di estar moi contento co resultado xa que nela, “igual que no resto de parroquias, formuláronse diferentes suxestións e queixas que non distan demasiado das que houbo en todas as demais, como polo estado das pistas forestais. Tamén fixeron outras, relacionadas coa praia de A Pampillosa, cun derrubamento que hai  no dique, coa limpeza e roza e algunha tamén referente á escola onde a asociación de veciños ten a súa sede, pero en xeral houbo moi bo ambiente. O grupo de goberno tomou nota e tratará de dilixenciar todas as queixas posibles”.

Castiñeira sinala que o resultado das xuntanzas é “moi positivo, xa que falamos cos veciños e cos representantes veciñais de cada parroquia durante un par de horas e trataremos de repetilo para o ano que ven. Despois de todas as reunións que se fixeron xa se resolveron varios dos problemas; dalgúns o Concello tiña descoñecemento no seu momento e son necesidades importantes para os veciños”.

O alcalde agradece “ás asociacións de veciños, neste caso á de Fazouro, por estar alí cos seus representantes de forma totalmente respectuosa cos habitantes e co grupo de goberno; a todas as demais asociacións en xeral e a todos os veciños que acudiron, que facendo un cómputo xeral estamos a falar de que son máis de 150 os que pasaron polas diferentes reunións”. Por último, reiterou que están “moi contentos e tratando de dilixenciar todas esas suxestións e todas esas queixas formuladas”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz