29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

30.07.2013

XVII mostra folclórica

Foz acolle os días 10 e 11 de agosto a XVII mostra folclórica organizada pola agrupación O Feitizo.

Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [70 Voto/s]

Foz, 30 de xullo de 2013.- A Agrupación O Feitizo organiza en Foz os días 10 e 11 de agosto a XVII mostra folclórica, coa colaboración do Concello.

A mostra realizarase ámbolos dous días na praza Conde de Fontao, a partires das 20:30 horas. O sábado 10 contarase coas agrupacións folclóricas adultas Amado Lar, de Ferreira do Valadouro; Legua Dereita, de O Corgo; e O Feitizo, de Foz. O domingo os protagonistas serán os nenos, xa que as actuacións correrán a cargo dos grupos infantís Amigos da Gaita Galega, de Ribadeo; e O Feitizo, de Foz.

Esta décimo sétima edición do festival ven marcada pola celebración do trixésimo quinto aniversario da Agrupación O Feitizo, que por este motivo está a expoñer no CENIMA unha exhibición de bonecas vestidas con traxes tradicionais de baile galego, que se poderá contemplar ata o 15 de agosto.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz