23 de Setembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

25.07.2013

Traballos nas estradas do concello

O concello de Foz mellorou tres viáis e as obras foron supervisadas polo primeiro tenente de alcalde, Pedro Fernández Manín, quen anuncia que este verán faranse arranxos noutras estradas do municipio.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [43 Voto/s]

Foz, 25 de xullo de 2013.- O primeiro tenente de alcalde e concelleiro delegado de Medio Rural, Mar e Obras en Foz, Pedro  Fernández Manín, e técnicos do Concello supervisaron as obras de mellora realizadas en tres viais focenses: o asfaltado da rúa da Cruz, o rebacheo da prolongación do Camiño Vello e o arranxo do camiño da Veiga da Sara.

Fernández Manín explicou que “estas actuacións foron solicitadas polos veciños da zona, que estaba moi deteriorada, e leváronse a cabo con cargo ó presuposto municipal”.

O concelleiro de Obras engadiu que “o alcalde está a facer xestións con outras administracións, sobre todo coa Xunta de Galicia, para seguir levando a cabo durante este verán melloras noutros puntos da rede viaria  municipal, sobre todo na zona rural, como a limpeza de cunetas e rebacheos en  diferentes estradas das parroquias do concello de Foz”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz