17 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

23.07.2013

O alcalde de Foz xestiona con responsables de Estradas do Estado actuacións no cruce de Cangas

As xestións con responsables de Estradas do Estado actuacións no cruce de Cangas van encamiñadas a mellorar a seguridade dese punto da nacional 642 onde hai accidentes frecuentemente.

Castiñeira anunciou que se colocará nova sinalización.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [14 Voto/s]

Foz, 23 de xullo de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, mantivo este mediodía na Coruña un encontro cos xefes de Carreteras del Estado de Galicia e de Lugo para solicitarlles que melloren o cruce da N-642 coa LU-162 en Cangas, debido á súa perigosidade. O rexedor lembrou que nese punto houbo varios accidentes. Despois da xuntanza Castiñeira anunciou que se vai colocar nova sinalización vertical e horizontal para mellorar a seguridade viaria nese lugar.

O alcalde focense explicou que “atendendo as peticións dos veciños de Nois e de Cangas nas últimas reunións que tivemos nas parroquias e aos demais focenses que están afectados por esta travesía, decidín trasladarlles as súas preocupacións ao xefe da Demarcación de Carreteras del Estado de Galicia e de Lugo, Ángel del Río e Narciso González. Son os problemas de seguridade viaria dunha estrada que rexistra o paso de máis de 11.000 vehículos ao día”.

Javier Castiñeira considera que “se trata de reivindicacións totalmente necesarias, principalmente esa intersección en Cangas coa LU-162 (Cangas-Ferreira), estrada que arranxou a Xunta de Galicia nos últimos meses. E neste caso ese cruce perigoso e moi transitado, onde  xa houbo varios accidentes, e o que conseguimos é tentar facerlles ver aos responsables de Carreteras que isto non pode seguir así e trataremos de afondar en solucionalo o antes posible con sinalización viaria horizontal e vertical para reducir a velocidade e asegurar a seguridade dos peóns”.

O rexedor de Foz engadiu que “tamén estivemos a analizar o proxecto que hai para construír unha rotonda nesta zona, un proxecto moi importante e interesante que suporía un investimento de máis de 2 millóns de euros. Hai que tratar de traballalo e de sacalo adiante, pero mentres hai que realizar esas obras de sinalización que tentaremos facer xa durante este ano. Tamén lle afectan a Nois, porque se trata dunha travesía en recta na que está limitada a velocidade, pero que en moitas ocasións non se cumpre. Hai tamén liña discontinua, que permite os adiantamentos que está a facer a xente e máis velocidade, pero verase reducida porque pretendemos poñer liña continua”.

Castiñeira rematou agradecendo “aos xefes de Carreteras del Estado en Galicia e en Lugo ternos recibido e escoitado as suxestións dos veciños, que son importantes para a seguridade viaria”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz