28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

22.07.2013

O alcalde de Foz felicita aos organizadores e colaboradores dos eventos celebrados no municipio a pasada fin de semana.

Javier Castiñeira destaca o Carme de San Martiño e o festival Aires do Masma.

Recomendar Imprimir Atrás

2.5/5 [13 Voto/s]

Foz, 22 de xullo de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, felicita aos organizadores e colaboradores dos eventos celebrados a pasada fin de semana no municipio, destacando as multitudinarias festas do Carme de San Martiño e o festival folclórico Aires do Masma.

“Dende o Concello de Foz queremos felicitar a todos aqueles que organizaron os eventos esta fin de semana, na que houbo moita actividade e de moita presenza de xente no Concello. O acto máis multitudinario e o que máis organización necesitaba eran as festas do Carme de San Martiño, que contaron coa presenza de máis de 15.000 persoas. Neste caso, quero felicitar a todos os que participaron nesa organización, especialmente á comisión de festas de San Martiño pero tamén ás forzas de seguridade, tanto á Policía Autonómica como á Local e á Garda Civil. Tamén a Protección Civil, que estivo pendente da seguridade e da protección de todos aqueles que estivemos gozando do festival, e a todos os traballadores municipais que ó dia seguinte estiveron limpando a área recreativa do Carme. Polo tanto, parabéns para todos porque foi un éxito e, sobre todo, non houbo ningún tipo de incidente grave, que é o máis importante”, manifestou hoxe o rexedor municipal.

Javier Castiñeira tamén eloxia á asociación A Subela “pola organización do festival Aires do Masma un ano máis, co que se deu remate ás festas do Carme de Foz”, e anunciou que proximamente empezarán as festas do San Lourenzo.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz