19 de Setembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

19.07.2013

51 edición da travesía de piragüismo Ría de Foz

O alcalde de Foz destaca que da 51 edición da travesía de piragüismo Ría de Foz sairán os campións galegos nas diferentes categorías entre máis de 500 participantes.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [12 Voto/s]

Foz, 19 de xullo de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destaca a importancia da 51 edición da travesía de piragüismo Ría de Foz, da que sairán os campións galegos nas diferentes categorías entre máis de 500 participantes.

O rexedor municipal salienta que “é unha das competicións de piragüismo máis importantes de España e, dende logo, unha das máis importantes de Galicia, e case das máis antigas. É difícil que os eventos deportivos deste tipo cumpran tantos anos e polo tanto estamos moi contentos, porque da man do presidente do Club Kayak de Foz, que é o organizador, e das outras administracións que colaboran, tanto o Concello de Foz como a propia Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, levaremos adiante un ano máis esta travesía que, nesta edición está incluída no Campionato Galego de Piragüismo e participarán máis de 500 piragüistas de diferentes puntos de Galicia e tamén algún de fora da comunidade autónoma”.

O data será o 25 de xullo, día do patrón de Galicia, e, segundo anuncia Javier Castiñeira, “ás cinco e media da tarde darase a saída dende as instalacións portuarias. Farase a travesía polo río Masma ata a Espiñeira e logo volverán ata as instalacións portuarias en fronte á zona do Kayak de Foz”.

Polo tanto, o alcalde invita a “todo o mundo a presenciar esta proba de piragüismo puntuable para o campionato galego e ademais, este ano coincide que de aquí sairán os campións galegos nas diferentes categorías”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz