18 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

17.07.2013

A reorganización da zona porturia de Foz foi analizada hoxe nunha reunión con responsables de Portos de Galicia, de Costas e do Concello.

O alcalde afirma que a xuntanza foi un paso importante e anunciou que o dragado da canle de acesso ao peirao rematará a vindeira semana.

Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [6 Voto/s]

Foz, 17 de xullo de 2013.- A reorganización da zona portuaria de Foz foi analizada hoxe nunha reunión celebrada na Casa do Concello focense coa participación do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán; do xefe provincial de Costas, José Miguel Estevan; do alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira; e de técnicos autonómicos e municipais. Despois da xuntanza o rexedor local afirmou que foi un paso importante e anunciou que o dragado da canle de acceso ao peirao rematará a vindeira semana.

“Falouse do novo plan de usos do porto de Foz, pois hai que cambialo xa que actualmente ten uns usos bastante ligados ao sector pesqueiro e vamos tratar de que se contemple toda esa actividade que se quere desenvolver despois desa reorganización, como equipamentos de zonas verdes, aparcamentos, zonas comerciais e de usos múltiples, aparte dos propios da náutica e da pesca, como pode ser unha mariña seca e a dotación de 400 prazas de amarre”, explicou Javier Castiñeira.

O alcalde anunciou que “o paso seguinte, e así hai o compromiso por parte de Portos de Galicia, é a contratación da elaboración dese plan especial de usos, que trataremos de incluílo tamén no planeamento urbanístico de Foz. A partir de aí o seguinte xa é a propia concesión administrativa desa actividade. Estanse dando os pasos administrativos necesarios para que no momento en que saia esa concesión se poda facer o antes posible esa obra solicitada para o porto de Foz”.

Ademais, os participantes na reunión visitaron a zona onde se está realizando o dragado da canle de acceso ao porto, que “acabará xa a próxima semana cun obxectivo cumprido, que é quitar máis de 30.000 metros cúbicos de area. Nótaselle moitísimo a canle, a confraría de pescadores deunos a noraboa persoalmente porque é unha moi boa labor”, destacou o rexedor municipal, quen tamén comentou que viron ademais outras obras realizadas no porto, como a beirarrúa construída fronte ao centro social.

“Polo tanto seguimos avanzando e quero facer un agradecemento tanto a Portos de Galicia como á Delegación de Costas en Lugo porque os pasos estanse dando como hai que facelo, en firme, para sacar esa concesión”, rematou Castiñeira.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz