15 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

17.07.2013

Valoración moi positiva das festas do Carme deste ano, que onte tiveron o seu día grande.

Javier Castiñeira agradece a implicación dos focenses e o traballo da comisión organizadora e dos colaboradores.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [11 Voto/s]

Foz, 17 de xullo de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo hoxe unha valoración moi positiva das festas do Carme deste ano, que onte tiveron o seu día grande. O rexedor agradece a implicación dos focenses e o traballo da comisión organizadora, a asociación Sempre Foz, e dos colaboradores.

“A valoración do Concello de Foz respecto ás festas do Carme do ano 2013 é moi positiva pola participación e implicación do pobo, de moitas asociacións, da comisión de festas e da propia parroquia. A verdade é que sobre todo o 16 de xullo, o día do Carme, día da procesión e da misa solemne, é un momento no que os focenses nos sentimos especialmente honrados pola nosa Virxe pero sobre todo pola nosa xente que, como diciamos antes, participa nos actos e faino con devoción e con emoción, con sentimento, con recordo tamén ós antepasados, ós náufragos e ó sector pesqueiro”, explicou Javier Castiñeira.

O alcalde comentou que “un pobo como o noso, con larga tradición pesqueira e mariñeira, dende logo que se implica moitísimo nestas festas”. Polo tanto agradece e da o seu parabén “a todos aqueles que participaron e especialmente á comisión organizadora, a Sempre Foz, por ter feito unhas festas excepcionais nun momento complexo; pero tamén á parroquia, por atender perfectamente ós actos solemnes na Igrexa e na procesión; á confraría da Virxe do Carme; á confraría de pescadores; a todos aqueles traballadores municipais que participaron na limpeza das rúas xusto no momento despois de rematar a procesión, o que dende logo se agradece; a todos aqueles grupos folclóricos, musicais, á banda de música e ás bandas de gaitas, que participaron na solemnidade da procesión. E, por suposto, ós cidadáns e veciños de Foz e a todos os que gozaron das festas, moitas grazas dende o Concello, dende a corporación municipal, é unha honra para nós ter celebrado unhas festas do Carme tan boas”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz