24 de Xuño de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

10.07.2013

Foz acolle o segundo festival Coa nosa fala, que se celebrará este venres no Campo da Cabana.

Haberá seis actuacións musicais e será presentado por Fidel Fernán.

Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [6 Voto/s]

Foz, 10 de xullo de 2013.- Este vindeiro venres, día 12 de xullo, ás dez da noite celebrarase no Campo da Cabana, de Foz, a segunda edición do festival de música galega Coa nosa fala. No programa inclúense seis actuacións musicais e será conducido polo xornalista e presentador de radio e televisión Fidel Fernán.

No festival participarán Lino Quintet, Mariví Maragoto, Chingla, Hugo Torreiro e Yhadira, Sito Sedes e Escolma de Meus. Está organizado pola Banda de Música de Foz coa colaboración do Concello focense, a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz.

Este festival forma parte da programación da oitava edición do ciclo denominado Sons na Rúa, que empezou o pasado día 5 e rematará o 26 con actos todos os venres deste mes.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz