14 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

25.05.2011

"Descarto un pacto; só penso en gobernar en Foz en minoría"

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [82 Voto/s]

Javier Jorge Castiñeira (PP) amosa prudencia, aínda que todo apunta a que será o próximo alcalde de Foz. "Imos ser respectuosos. Quedan vinte días para formar goberno", di. Pero iso non evita que se vexa como alcalde e reclame ese dereito: "Creo que é de xustiza que o PP e Javier Castiñeira sexa o alcalde de Foz. É o que dixeron as urnas... pero tamén dixeron que debe haber un diálogo intenso nos próximos catro anos, no que todos os grupos, dende o PSOE ata Unifoz e o BNG, teñan participación na toma de decisións, con pactos puntuais".

-¿Supón iso que non descarta que algún partido entre a formar parte do goberno, cedéndolle algunha delegación?.

-Eu descarto un pacto; só penso en gobernar en Foz en minoría, cos cinco concelleiros do PP. Pero iso non quere dicir que non pensemos en falar con todos. Por exemplo, para chegar á Deputación non me van caer os aneles para falar cos concelleiros do PSOE e ir da súa man, se eles queren. Tamén estamos obrigados a pactar para sacar adiante os presupostos, etcétera.

-¿E xa falaron con alguén?

-De momento estamos vendo as valoracións que se fan nos medios de comunicación. Os posicionamentos parecen claros, que cada partido vai apoiar ao seu candidato e que gobernará a lista máis votada; a nosa.

-¿Descarta pois un pacto entre o PSOE e Unifoz?

-Entendo que sería ilóxico que o alcalde fora o da terceira opción máis votada. Pareceríame ilóxico que o PSOE, con todos os anos de historia que ten, se convertese en unha sucursal de Unifoz.

-Sabe que despois das ofertas electorais que fixeron, como o novo porto, a xente vai ser moi esixente co PP.

-O sei e asumo esa responsabilidade. A nosa política non é un escaparate, é seria e todo o que dixemos segue en pé.

La Voz de Galicia 25/05/2011 

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz