16 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

05.07.2013

O vindeiro luns dan comezo as Noites Alternativas que organizou a Concellería de Xuventude.

As actividades desenvolveranse no Campo da Cabana e na praia da Rapadoira.

Recomendar Imprimir Atrás

1.0/5 [1 Voto/s]

Foz, 5 de xullo de 2013.- O vindeiro luns, 8 de xullo, da comezo o programa de Noites alternativas, que organiza o Concello focense, para rapaces e rapazas maiores de 10 anos.  

Durante os meses de xullo e agosto haberá fútbol sala, baloncesto, volei praia e fútbol praia. Trátase de actividades gratuítas que se desenvolverán no Campo da Cabana e na praia da Rapadoira entre as 22 horas e a 01:30 da madrugada.

Haberá fútbol sala os días 8, 10, 11, 17, 18 e 19 de xullo. O baloncesto está previsto para 22, 23 e 24 de xullo,o volei praia será os días 5, 7 e 8 de agosto e haberá fútbol praia os días 12, 13, 14, 19, 21 e 22 de agosto.

As inscricións pódense realizar ata o día antes do inicio de cada actividade. As Noites alternativas están organizadas pola Concellería de Xuventude, que dirixe Mercedes González Alonso.

Os interesados en obter máis información poden dirixise ao seguinte número de teléfono: 636 50 41 55 e preguntar por María.


Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz