23 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

03.07.2013

O alcalde de Foz apoia aos veciños de Cangas que reclaman ao Ministerio de Fomento unha solución para evitar accidentes no cruce da estrada Nacional 642.

Este foi un dos asuntos tratados na xuntanza celebrada onte na parroquia con 4 membros do goberno local.

Recomendar Imprimir Atrás

2.6/5 [40 Voto/s]

Foz, 3 de xullo de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, apoia aos veciños de Cangas que reclaman ao Ministerio de Fomento unha solución para evitar accidentes no cruce da estrada Nacional 642. Este foi un dos asuntos que se abordaron na reunión celebrada onte na parroquia, na que xunto ao rexedor municipal estiveron os concelleiros do goberno local Pedro Fernández Manín, Maite López Rego e Ánxel Paleo.

“O grupo de goberno segue coas charlas nas parroquias, neste caso tocoulle a Cangas, que é a segunda máis poboada do concello de Foz, con case mil habitantes. Foi unha reunión moi concorrida, o cal me congratula porque demostra o interese por parte da xente en falar dos problemas e das suxestións sobre a parroquia, que en definitiva é do que se trata”, manifestou hoxe Javier Castiñeira.

O alcalde explicou que “o grupo de goberno escoitou aos responsables da asociación de veciños e a varios dos participantes na xuntanza, que formularon suxestións, algunhas queixas e tamén agradecementos por esa serie de obras que se fixeron na parroquia, unha delas as beirarrúas na travesía da estrada que vai de Cangas a Ferreira. Esta era unha obra moi demandada polos veciños e o compromiso do grupo de goberno é seguir traballando na segunda fase, que queremos que se faga para o ano 2014”.

Castiñeira engadiu que na reunión “ofrecemos a máxima colaboración dentro das posibilidades que ten o Concello, que é unha das cousas que tamén se trata de explicar aos veciños. A situación económica do Concello está no seu peor momento, con 200.000 euros menos aínda que o ano pasado, que xa fora malo. Esas dificultades máximas son as que ten o Concello para tratar de levar os servizos básicos. En Cangas, coma no resto das parroquias, entenden as complexidades que hai agora mesmo no Concello, pero evidentemente hai que mellorar en certas cousas, como no estado dos colectores para a recollida de residuos ou no rozado de pistas e cunetas. Ademais volveuse facer outra vez énfase no estado das estradas forestais, danadas pola extracción de madeira”.

Pero o rexedor municipal destacou un asunto “que afecta de forma moi importante a esta parroquia: é o estado da estrada Nacional no cruce de Cangas, que é unha zona perigosa e por parte dos veciños demándase que o Ministerio de Fomento dea algún tipo solución para ese cruce. Falouse de pasos de peóns elevados, dunha pasarela peonil ou dalgún tipo de rotonda, porque houbo sucesivos accidentes e é certo que o Ministerio de Fomento non está facendo nada por resolvelo”.

Javier Castiñeira rematou agradecendo aos veciños de Cangas “esa preocupación pola súa parroquia”  e proponlles “que traten de formar unha xunta directiva nova para a asociación de veciños, que actualmente ten unha xestora”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz