18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

03.07.2013

Este venres comezará en Foz a oitava edición do ciclo Sons na Rúa cun concerto da Rondalla Latexos na praza Pardo de Cela.

A Delegación de Cultura do Concello intenta un ano máis acercar a música á rúa aproveitando o bo tempo da época estival.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [55 Voto/s]

Foz, 3 de xullo de 2013.- Este venres, 5 de xullo, dará comezo a oitava edición do ciclo Sons na Rúa cun concerto da Rondalla Latexos, que se poderá escoitar na praza Pardo de Cela ás nove da noite. Así a Delegación de Cultura do Concello de Foz intenta un ano máis acercar a música á rúa aproveitando o bo tempo da época estival.

Sons na Rúa completa un extenso programa composto por outras actividades musicais xa realizadas, como foron o festival A Capela, de coros infantís e xuvenís, e a presentación por parte do director da Escola Municipal de Música da Orquestra Oresmu, que tivo un grande éxito.

Como sinala o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, “os concertos realizaranse todos os venres do mes de xullo en espazos públicos que reúnen unhas boas condicións acústicas. Despois do concerto da Rondalla Latexos deste venres, o día 12 o xornalista Fidel Fernán presentará no polideportivo do Campo da Cabana a partires das dez da noite o festival de música galega Coa Nosa Fala, que contará con artistas como Lino Quintet, Chingla, Mariví, Sito Sedes, Hugo Torreiro e Yadhira e Escolma de Meus”.

Paleo tamén anunciou os concertos que se poderán escoitar os últimos dous venres do mes a partires das nove da noite, ámbolos dous na praza Pardo de Cela: “O venres 19 actuará o grupo de voces Mar Aberto e o venres 26, a coral polifónica e a banda de música de Foz”.

O concelleiro de Cultura anima “tanto ós veciños de Foz como ó resto da xente a que se acerquen a ver estes concertos”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz