22 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

02.07.2013

Os redactores do novo plan urbanístico de Foz expoñeranllo aos portavoces de todos os grupos políticos municipais o vindeiro luns.

O alcalde convocou esta xuntanza porque prevé que o PXOM sexa exposto ao público en breve.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [10 Voto/s]

Foz, 2 de xullo de 2013.- Os redactores do novo plan urbanístico de Foz expoñerán o documento aos portavoces de todos os grupos políticos da corporación municipal nunha reunión que se celebrará o vindeiro luns ás sete e media da tarde. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que convocou esta xuntanza, na que tamén participarán técnicos do Concello, porque está previsto que o PXOM sexa exposto ao público en breve.

O rexedor municipal explicou que “os portavoces dos grupos municipais de Foz, incluído o de goberno, e os técnicos municipais coñecerán da man dos redactores do plan xeral de Foz o próximo luns as sete e media da tarde o sentido do novo documento urbanístico adaptado dese plan xeral que fora aprobado inicialmente no ano 2007 e que quedou abandonado no 2009. Cremos que é un avance importante porque é inminente xa practicamente a súa próxima exposición, o que pretendemos facer neste mes de xullo”.

Javier Castiñeira engadiu que “a partir do luns todos os grupos veremos como queda ese novo plan xeral, un documento única e exclusivamente técnico, elaborado pola Oficina de Planeamento, un grupo redactor de bastante prestixio que había inicialmente xa para o plan xeral de Foz. As modificacións que se fixeron son obrigadas posto que o documento do ano 2007 queda moi atrás na normativa e obsoleto para o 2013, no que estamos. Houbo varias normas urbanísticas e leis novas, por exemplo entrou en vigor o Plan do Litoral, polo que houbo que adaptalo e nese esforzo está o grupo de goberno”.

O alcalde tamén anunciou que “o seguinte paso dende logo é levalo a pleno, que a corporación acepte expoñelo ao público, que se resolvan as alegacións que había inicialmente e despois da exposición pública resolver as alegacións que se presenten a este novo documento”.

Polo tanto o rexedor municipal destacou que “estase avanzando con criterio, porque Foz necesita un plan xeral xa que leva sen ter normativa urbanística dende a década dos 80. Polo tanto nesa obriga están o grupo de goberno, os redactores, os técnicos municipais e espero que a oposición tamén estea e que saquemos un documento que sexa positivo para o noso pobo”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz