13 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

28.06.2013

Exposicións no Cenima de Foz

O edificio do Cenima de Foz acollerá tres exposicións no vindeiro mes de Xullo. O vindeiro luns inaugurarase unha mostra de esculturas do mindoniense Fernando Vilariño.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [22 Voto/s]

Foz, 28 de xuño de 2013.- O edifico do Cenima, de Foz, acollerá tres exposicións no vindeiro mes de xullo. A primeira delas é unha mostra de esculturas do mindoniense Fernando Vilariño, que será inaugurada o luns, día 1, ás oito e media da tarde e poderá visitarse ata o día 14.

Tal e como se explica no folleto da exposición Fernando Vilariño “é un canteiro de profesión que experimentou cos materiais e a ferramenta do seu oficio. Gusta de transmitir a través das súas creacións, con diversidade na súa temática. Arte e decoración completan o seu traballo. Mindoniense de adopción, Vilariño fórmase como profesional na súa terra natal, Cuntis, onde adquire os coñecementos necesarios para traballar o granito ó seu antollo. Autodidacta na formación escultórica, Vilariño vai na procura das súas inquietudes como artista pero non é traba para querer acadar os seus soños. Vilariño defínese como canteiro ante todo, onde a súa inquietude artística o levou a experimentar cos materiais cos que leva traballado. Destacan as obras de temática social, onde cada unidade está feita a partir do sentimento persoal”.

A segunda mostra que se poderá ver en xullo no Cenima de Foz é de pinturas de Maximiliano López, que estará exposta do 16 ao 30. E dende o 16 de xullo ata o 15 agosto haberá unha mostra conmemorativa do 25 aniversario da agrupación cultural O Feitizo, de Foz.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz