23 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

27.06.2013

O Concello de Foz reorganizará o tráfico en cinco rúas da zona coñecida como Rego de Foz.

Esta reorganización servirá para evitar os atascos que se producen nese lugar que concentra a moitos establecementos hostaleiros.

O alcalde anunciou que as obras estarán rematadas antes das festas do Carme.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [40 Voto/s]

Foz, 27 de xuño de 2013.- O Concello de Foz reorganizará o tráfico nas rúas Rego de Foz, Illa Nova, Mariñeiro Chila, Otero Besteiro e Emilia Pardo Bazán para evitar os atascos que se producen con frecuencia, sobre todo durante o verán, nesa zona que concentra a moitos establecementos hostaleiros. Anunciouno hoxe o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen prevé que as obras para instalar a nova sinalización e colocar bolardos estarán rematadas antes das festas do Carme.

O rexedor municipal explicou que os traballos levaranse a cabo “nas primeiras semanas de xullo, porque antes non puido ser pola indispoñibilidade da empresa contratista concesionaria desta obra. Trátase de regularizar o tráfico na zona de Rego de Foz, onde actualmente hai rúas en dobre sentido e con aparcamentos aos dous lados, vías que teñen moita circulación de vehículos, polo que se producen colapsos enormes. Esta situación non facilita a actividade hostaleira na zona, que é bastante importante”.

Polo tanto a intención do Concello é “facer o tráfico moito máis sinxelo e fluído, ademais de ampliar a zona peonil coa instalación de bolardos”, comentou Javier Castiñeira, quen considera que “vai quedar moi ben e vai activar a hostalería desa zona, que está moi próxima á praia da Rapadoira e é moi activa en verán pero tamén en inverno porque hai máis de 40 locais de hostalería e algún hotel”.

O alcalde está convencido de que vai ser “unha boa actuación” e pídelles aos veciños da zona comprensión e colaboración porque “haberá tres días nos que se van facer algunhas obriñas: vanse colocar case un cento de bolardos, instalaranse as sinais de reorganización do tráfico e farase o pintado da sinalización horizontal”.

Castiñeira rematou comentando que “queremos telo feito para antes das festas do Carme e creo que o cambio vai ser considerable”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz