29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

26.06.2013

A 17ª edición do torneo internacional de fútbol base Costa Nova presentouse hoxe na Casa do Concello de Foz.

Celebrarase esta fin de semana e traerá a máis de 2.000 persoas á zona, segundo destacou o alcalde focense.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [14 Voto/s]

Foz, 26 de xuño de 2013.- A Casa do Concello focense acolleu hoxe a presentación da 17ª edición do torneo internacional de fútbol base Costa Nova, que se celebrará esta fin de semana, dende o venres 28 ata o domingo 30.  O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destacou que este evento deportivo traerá á zona a máis de 2.000 persoas.

“É a 17ª edición e estamos a falar quizás do maior evento deportivo que se realiza na Mariña, pois aínda que Foz sexa o centro neurálxico do torneo participan a maior parte dos concellos da zona e atrae a unha gran cantidade de xente á nosa localidade e ao resto da comarca. Estamos a falar de máis de 2.000 persoas que se van desprazar a esta zona con motivo do torneo, porque aos nenos que participan hai que sumar os familiares e acompañantes”, explicou o rexedor municipal focense.

Javier Castiñeira tamén comentou que “virán equipos de moitas comunidades de España”, como Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela-León ou Madrid e este ano haberá un club de Portugal, ademais de varios representantes galegos.

O alcalde de Foz fixo público o seu agradecemento “aos organizadores, aos patrocinadores e as administracións, tanto á Xunta de Galicia como á Deputación de Lugo, que ao igual que o Concello de Foz colaboran no financiamento deste torneo”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz