12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

26.06.2013

Foz acollerá este domingo un obradoiro gastronómico no que un cociñeiro elaborará pratos con produtos pesqueiros da zona e despois serán degustados polos asistentes.

Será na praza Conde de Fontao de 11 a 15 horas.

O alcalde destaca que servirá para a promoción turística do municipio.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [16 Voto/s]

Foz, 26 de xuño de 2013.- Este domingo, día 30 de xuño, desenvolverase en Foz un obradoiro gastronómico no que un cociñeiro elaborará pratos con produtos pesqueiros da zona e despois serán degustados polos asistentes. Será na praza Conde de Fontao de 11 a 15 horas con acceso libre. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, convida a veciños e turistas a asistir a este evento que “contribuirá á promoción do municipio”.

O rexedor municipal explicou que “é unha actividade máis financiada polo Grupo de Acción Costeira, ao cal queremos agradecer a confianza no Concello de Foz. Creo que é un obradoiro interesante, no que se promocionan os produtos pesqueiros da zona e tamén a nosa localidade e o turismo. Un cociñeiro profesional vai facer diferentes demostracións de cociña tradicional galega, ligada evidentemente aos produtos mariñeiros e coa súa propia degustación para todos os presentes”.

Javier Castiñeira anima “a todo o mundo a que se achegue á praza Conde de Fontao o próximo domingo e trate quizás de levar algunha receita para degustar neste verán. Están invitados todos os focenses e todos aqueles que visiten a nosa localidade neste fin de semana, no que xa empeza a tempada forte do verán e evidentemente o ambiente vai ser importante”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz