16 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

25.06.2013

O Concello de Foz mellorou estradas da parroquia de Santa Cilla cun investimento de 24.000 euros.

As obras foron supervisadas polo alcalde, o concelleiro de medio rural e técnicos municipais.

Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

Foz, 25 de xuño de 2013.- O Concello de Foz mellorou estradas da parroquia de Santa Cilla, actuación na que o investimento foi de preto de 24.000 euros. Estas obras executáronse nos accesos ao lugar de Vilacizal, na baixada á igrexa e no barrio de Folgosa e foron supervisadas polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, e técnicos municipais.

O rexedor municipal explicou que “a dureza do inverno deixouse sentir no estado das vías, pero aínda que a situación xeral das mesmas non é mala hai zonas que si teñen certo deterioro e sobre as que hai que actuar de inmediato. As obras máis urxentes fixéronse, si ben dentro da mesma parroquia hai outras que intentaremos arranxar en breve”.

Pola súa parte, o concelleiro de Medio Rural comentou que estas obras realizadas en Santa Cilla “amosan perfectamente o que o Concello pretende levar a cabo”. Recoñece que na mesma parroquia “hai outros barrios que tamén necesitan arranxos nas estradas que practicamente é imposible facelos. Pero o alcalde está a facer xestións con outras administracións, sobre todo coa Xunta de Galicia, para que no verán se podan facer traballos necesarios noutros puntos, como son limpar cunetas e rebacheos en varios lugares de diferentes parroquias. Por certo, na de Vilaronte, sobre todo nos barrios de Xinzo e Río, case hai máis buratos que asfalto”.

Fernández Manín tamén explicou que “nestas obras que acabamos de facer en Santa Cilla o Concello, con cargo ao noso presuposto, investiu preto de 24.000 euros, o que supón un gran sacrificio para este Concello. Pero parte do equipo de goberno, co alcalde á cabeza, pretendemos cumprir ao máximo, a pesar do problema de pagos que dende hai tempo estamos a sufrir. O Concello de Foz ten que pagar este ano de facturas do exercicio anterior que se debían a provedores uns 880.000 euros, que xa non os percibimos. Por conseguinte calquera obra que facemos é un gran sacrificio para este Concello”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz