20 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

21.06.2013

O alcalde de Foz recolleu hoxe as 7 bandeiras azuis concedidas este ano ao municipio.

Son para as praias de A Rapadoira, Llas, Peizás, Arealonga, As Polas e Areoura e o sendeiro de A Rapadoira a Llas.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [14 Voto/s]

Foz, 21 de xuño de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, recolleu hoxe en Arteixo as sete bandeiras azuis concedidas este ano ao municipio para as praias de A Rapadoira, Llas, Peizás, Arealonga, As Polas e Areoura e o sendeiro que hai no paseo marítimo que une A Rapadoira con Llas.

“Foi un pracer estar nesta recollida de bandeiras azuis de Galicia nun entorno precioso en Arteixo e, nos momentos que se están a vivir, é un éxito para Foz ter seis galardóns para as nosas praias máis unha bandeira no sendeiro azul que vai da Rapadoira a Llas; ou sexa, en total sete galardóns, que eu creo que son a bandeira do noso pobo, que marcan esta temporada estival”, dixo o rexedor municipal, quen non se conforma e manifestou que “queremos recuperar a bandeira azul que perdeu a praia dos Xuncos, vamos poñer todo o empeño en volvela recuperar”.

Javier Castiñeira destacou que o de Foz “segue sendo un dos concellos da Mariña, xunto co de Barreiros, que máis galardóns ten nas praias. Ás bandeiras azuis ademais hai que sumar a da Q de calidade para A Rapadoira, que un ano máis volve ter ese galardón”.

Para o alcalde de Foz estas distincións “demostran que se coidan as praias, que son seguras, boas para o baño, limpas e atractivas, que é o que importa aos turistas e para todos aqueles que queiran disfrutar dos nosos areais. Polo tanto estamos de noraboa, un ano máis, e seguiremos no noso empeño para tratar de mellorar esa xestión das praias que estamos a facer”.




Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz