12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

20.06.2013

Clausurouse hoxe o obradoiro de emprego focense que se desenvolveu durante 6 meses nas modalidades de xardinería e atención sociosanitaria.

Javier Castiñeria cualificou os resultados de excepcionais.

Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

Foz, 20 de xuño de 2013.- No Concello de Foz foi clausurado hoxe o obradoiro de emprego de xardinería e atención sociosanitaria, que se desenvolveu durante seis meses. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, destacou o labor realizado polos alumnos, os profesores e o director, que contribuíron a facer varias melloras en diferentes lugares do municipio.

“Hoxe clausurouse o obradoiro de emprego Punta Ventoeira, do Concello de Foz, e os resultados foron excepcionais, con seis meses de moi bo traballo por parte dos propios alumnos, que aparte de aprender un oficio de xardinería ou de atención sociosanitaria ademais colaboraron moitísimo traballando cos empregados municipais arreo. Pero desde logo tamén houbo un labor excepcional por parte dos profesores e do director”, manifestou o rexedor local.

Javier Castiñeira explicou que “os resultados son evidentes. No obradoiro de xardinería melloráronse dous parques que estaban nunhas condicións lamentables. A actuación máis importante fíxose no parque da praza Martínez Otero, que está nas proximidades da parada de taxis. Este dotouse de rego e cambiouse totalmente a súa morfoloxía. Houbo unha actuación tamén importante nas Torres, na urbanización As Lagoas, onde tamén se dotou de rego, mellorouse o cesped e as plantacións. Ademais colaboraron no arranxo de varias zonas verdes, como na Rapadoira”.

O alcalde engadiu que “no aspecto sociosanitario o traballo foi excelente: no banco de alimentos, no roupeiro municipal, melloráronse as instalacións cedidas polo Ministerio de Medio Ambiente, onde estaban antigamente as oficinas de Costas; fíxose un traballo boísimo no asilo, cunha colaboración de 4 persoas durante estes seis meses; e traballouse coa asociación de discapacitados Virxe do Carme no seu local, na Casa do Mar”.

“A pena foi que só durou seis meses”, dixo Castiñeira, quen anunciou que  “estamos preparando o seguinte obradoiro, para o que xa se presentou a documentación, e desde logo é importantísimo para Foz ter este tipo de formacións. Temos a esperanza de que se aprobe este novo obradoiro e seguiremos traballando no pobo, mellorando as zonas verdes e a actividade sociosanitaria”.

O rexedor tamén deu a coñecer que “dentro de dez días empezará o novo curso de xardinería, tamén subvencionado por parte da Consellería de Traballo, que está facendo un esforzo importante neste tipo de obradoiros e de cursos de formación”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz