17 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

19.06.2013

Foz acollerá a sexta edición do campus de verán de patinaxe artística do 24 ao 28 de xuño organizado polas escolas deportivas municipais. Contará con 60 participantes.

Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

Foz, 19 de xuño de 2013.- O sexto campus de verán de patinaxe artística organizado polo Concello de Foz, a través das escolas deportivas municipais, celebrarase a vindeira semana, dende o luns 24 ata o venres 28. Contará con 60 participantes, segundo se anunciou na presentación do evento, que tivo lugar esta tarde na vila focense.

O campus desenvolveranse en horario de 10 e media da mañá a 7 e media da tarde e no programa inclúese a formación en patinaxe, que se realizará no CEIP O Cantel, pero tamén actividades complementarias como unha visita cultural á basílica de San Martiño, unha comida na área recreativa do Bispo Santo, xogos populares e acuáticos, festa da espuma e outras.

Na presentación do evento participaron o xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes en Foz, Ánxel Paleo; o Presidente da Asociación Escolas do Deporte, Ibán García; e a directora do campus, Rebeca Díaz. Destacaron “o esforzo que supón organizar por sexto ano consecutivo un campus que é referente na Mariña” e tamén comentaron que “en Foz a patinaxe artística ten moitos seguidores ata o punto de ser a disciplina máis demandada nas escolas deportivas municipais”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz