29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

15.06.2013

O alcalde de Foz destacou a importancia do inicio da dragaxe da canle de acceso ao porto, unha obra moi demandada polos sectores pesqueiro e náutico-recreativo.

Tamén se está construíndo un tramo de beirarrúa que faltaba a continuación da pasarela de madeira no peirao.

Recomendar Imprimir Atrás

2.4/5 [24 Voto/s]

Foz, 14 de xuño de 2013. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destacou a importancia do inicio da dragaxe da canle de acceso ao porto e a construción dun tramo de beirarrúa que faltaba a continuación da pasarela de madeira recentemente instalada na zona. Estas dúas obras foron visitadas hoxe polo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.

“Contentos co resultado da visita do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, porque nos acompañou no comezo dunha obra importante para o porto, para a confraría de pescadores e para o Club Náutico de Foz, como é o inicio da dragaxe da canle de acceso ao peirao. Despois da dragaxe urxente que se fixo hai un ano, esta obra era moi demandada e dous sectores importantes, como o pesqueiro e da náutica, están moi contentos de que se inicie esta actuación, que levará aproximadamente mes e medio. É probable que traballen dúas dragas en coordinación e que para finais do mes de xullo estea lista esta obra moi solicitada”, manifestou o rexedor municipal focense, quen engadiu que “é un obxectivo máis cumprido por parte da Xunta de Galicia dentro de todos os compromisos que tiña co Concello de Foz”.

Javier Castiñeira tamén se referiu á obra “desa pequena beirarrúa que hai a continuación da pasarela de madeira que tamén instalou este ano o propio Portos de Galicia. Había un tramo no porto duns 10 metros que estaba sen beirarrúa e é moi importante porque vai a prol da seguridade dos viandantes, que nunha zona moi transitada tiñan que abordar a calzada, co conseguinte perigo para eles. Na semana que vén poderá estar finalizada esa pequena obra e así quedará rematada a pasarela, que se atopa en fenomenal estado e que dá moita vitalidade ao porto, unha zona que aparte da actividade pesqueira ten unha afluencia turística grande”.

O alcalde destacou que “con estas obras Portos de Galicia está cumprindo con un peirao como o de Foz, que tiña unha necesidade de actuacións importante. E para aqueles escépticos que dicían que o dragaxe non se ía facer ou para o propio señor Val, quen dixo que a obra da pasarela era un desfalco, sentímolo por eles, xa que o Partido Popular segue cumprindo os compromisos co noso concello. O grupo socialista en 16 anos de goberno no Concello de Foz non foi capaz de dragar un só gramo de area e o Partido Popular, en época de crise, xa leva dúas dragaxes. Iso para aqueles que son escépticos e que están desexando precisamente que non se fagan cousas. Neste caso teñen todas as de perder”.

“Estamos moi confiados en Portos de Galicia e pendentes de sacar adiante ese plan especial para a reorganización das instalacións portuarias, tan importante para Foz, e tratar de salvar canto antes os trámites administrativos que nos leven a unha posible concesión no seu momento”, rematou Castiñeira.




Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz