15 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

14.06.2013

O Concello de Foz está preparando as praias de cara a esta fin de semana con persoal municipal e oferta 8 prazas para a limpeza dos areais.

O alcalde anuncia que cambiarán as sombrillas da Rapadoira e advirte aos bañistas que non hai servizo de socorrismo ata o día 1 de xullo.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [11 Voto/s]

Foz, 14 de xuño de 2013.- O Concello de Foz está preparando as praias para telas xa en bo estado esta fin de semana, labor que realizan traballadores municipais. Para a limpeza dos areais serán contratadas 8 persoas, segundo explicou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, quen tamén anunciou que se farán varias melloras, entre elas a substitución das sombrillas de palla que hai na praia da Rapadoira. Ademais advirte aos bañistas que non hai servizo de socorrismo ata o día 1 de xullo, polo que pide precaución.

O rexedor municipal anunciou hoxe que dende o Concello de Foz “estase traballando intensamente para empezar a tempada estival coas brigadas municipais, posto que son os medios que temos a día de hoxe nas diferentes praias, como A Rapadoira ou Llas. Estanse preparando todos os areais para que nesta fin de semana xa podan estar nunhas condicións óptimas”.

Javier Castiñeira recorda aos usuarios que de momento non hai servizo de socorrismo “non só en Foz senón en todas as praias de Galicia e en moitas da cornixa cantábrica ata o 1 de xullo; polo tanto recomendo moita prudencia a todos os bañistas.”

O alcalde tamén comentou que o Concello “ten sacadas oito prazas de limpeza de praias e aviso a todos aqueles que queiran participar nese proceso de selección que poden informarse nas dependencias municipais, porque saíron onte as bases de contratación, hai cinco días para presentarse e despois faranse os exames para empezar antes do mes de xullo”.

Ademais Castiñeira deu a coñecer hoxe que van substituír as sombrillas de palla que hai nas praias progresivamente “para facer un pequeno cambio de imaxe e este ano vamos empezar na Rapadoira”.

“Esperemos que o verán arranque o antes posible e discorra sen incidencias, como o ano pasado, e que dentro das limitacións económicas que estamos tendo todos os concellos, e máis incluso o de Foz, podamos sacalo adiante. E estamos á espera dese plan de cooperación necesario para saber cantas prazas de socorristas podemos ofertar e sacar o concurso para que podan optar todos os interesados”, rematou o alcalde.


Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz