29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

13.06.2013

Representantes das catro formacións políticas da corporación focense e das asociacións veciñais de Forxán e O Castro visitaron hoxe a depuradora de Ribadeo.

O alcalde destaca as boas instalacións da EDAR ribadense, “moi diferentes ás que hai actualmente en Foz”.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [13 Voto/s]

Foz, 13 de xuño de 2013.- Representantes das catro formacións políticas da corporación focense (PP, PSOE, Unifoz e BNG) e das asociacións veciñais de Forxán e O Castro, de Foz, fixeron hoxe a visita prevista á estación depuradora de augas residuais de Ribadeo, que conta con instalacións similares ás que a Xunta proxecta construír en Foz cando o Concello decida o lugar onde se situará.

O alcalde, o popular Javier Jorge Castiñeira, explicou que na visita participaron “representantes da corporación municipal de Foz e membros das asociacións de veciños afectadas, concretamente de Forxán e O Castro, porque o da asociación de veciños de Fazouro decidiu non vir. Estiveron tamén técnicos da Xunta de Galicia e da empresa que está explotando a depuradora de Ribadeo”.

“Creo que nos vamos todos moi contentos do resultado. Teño que felicitar, por suposto, aos veciños de Ribadeo porque teñen unha instalación perfectamente adecuada ao seu entorno, ao seu ambiente. Os resultados de como sae a auga depurada en Ribadeo e de como está saíndo actualmente en Foz á verdade é que teñen moita diferenza; a pesar de que o residuo que entra é o mesmo nas augas que están saíndo hai un diferenza enorme e nós temos que tender a ter unha instalación como a de Ribadeo. Doulle a noraboa, por suposto, ao alcalde por ter estas instalacións que benefician moito ao medio ambiente en Ribadeo”, manifestou Javier Castiñeira.

O rexedor municipal considera que “tanto os veciños coma os membros da corporación conseguimos ver unha instalación adaptada, co cal a afección a todo o que hai arredor é mínima nunha poboación cunhas condicións moi parecidas ás que ten Foz: o núcleo urbano nun extremo, próximo á ría, e tratando de tender a zonas menos poboadas como está en Ribadeo, na zona da costa de Vilaselán. En Foz sería do mesmo xeito, ou en Fazouro ou en Forxán, que evidentemente son as zonas que nos quedan”.

Castiñeira tamén comentou que “a partir de agora queda un traballo importante, pero creo que a de hoxe foi a reunión máis frutífera de todas, porque vimos e podemos dar fe de que hai unha instalación que cumpre perfectamente os requisitos e sobre todo os vertidos son completamente compatibles co medio ambiente, co mar, co río de Vilaselán. Deunos envexa aos representantes da corporación de Foz ver unhas instalacións neste estado”.

O alcalde de Foz agradeceu aos técnicos da Xunta de Galicia e da empresa as explicacións, que “foron idóneas e precisas”, e tamén a presenza de membros de todos os grupos da corporación e dos colectivos veciñais que asistiron. E lamentou que “o representante dos veciños de Fazouro non estivera á altura e non se dignara, polo menos, a estar aquí co resto dos seus veciños”.










Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz