28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

13.06.2013

A tradicional feira de gando cabalar e vacún da Espiñeira celebrarase este domingo, día 16, organizada polo Concello de Foz.

Na feira, organizada pola Delegación de Medio Rural do Concello de Foz cuxo responsable é Pedro Fernández Manín, haberá premios para as mellores reses.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [15 Voto/s]

Foz, 13 de xuño de 2013.- A tradicional feira de gando cabalar e vacún da Espiñeira celebrarase neste barrio da parroquia de Vilaronte o domingo, día 16. Está organizada pola Delegación de Medio Rural do Concello de Foz, cuxo responsable é Pedro Fernández Manín, quen anunciou que haberá premios para as mellores reses.

O concelleiro de Medio Rural lembrou que se trata dunha feira que “é tradicional no concello e leva moitos anos celebrándose coa participación de gandeiros da zona e tamén de concellos do interior da provincia”. Anunciou que “empezará ás 10 da mañá e rematará ao atardecer” deste vindeiro domingo.

Fernández Manín tamén explicou que “haberá premios ao maior número de cabezas de gando cabalar, ás dúas mellores eguas de sela, aos dous mellores cabalos de sela, á mellor cría cabalar, ao maior número de cabezas de gando vacún, para a mellor vaca do país, ao mellor touro do país, á mellor cría de vacún e para a cabeza de gando máis destacada. E a partir das cinco da tarde celebrarase o tradicional concurso de andadura, que coma sempre terá tres premios en metálico, aínda que dado os tempos que estamos a vivir serán un pouco reducidos, e un cuarto premio con trofeo”.

Ademais o edil de Medio Rural anunciou que no recinto feiral “para a xente que queira quedarse a comer ou tomar un aperitivo estará o bar de Chelo, coma todos os anos, onde haberá xamón, polbo á feira ou churrasco entre outros produtos. Tamén teremos sesión vermú a cargo dun grupo musical e as gaitas animarán tanto pola mañá como pola tarde esta tradicional feira de gando”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz