15 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

10.06.2013

O concello de Foz regula cunhas normas a celebración das fogueiras de San Xoán e San Pedro.

Para facelas hai que comunicalo na oficina do servizo municipal de Medio Ambiente e o prazo remata o día 18.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [51 Voto/s]

Foz, 10 de xuño de 2013.- Con motivo da celebración das festividades de San Xoán e San Pedro a concelleira de Medio Ambiente, Maite López Rego, da a coñecer hoxe os trámites que deben facer os veciños do concello de Foz e as normas para poder levar a cabo o tradicional acendido das fogueiras. O prazo remata o vindeiro día 18, martes.

Maite López explica que “quen queira acender o lume da fogueira deberá comunicalo ata o 18 de xuño na oficina municipal de Medio Ambiente, sita no edificio do Cenima, que está na avenida da Ribeira ou chamando ao número de teléfono 982.133.159. Terá que presentar o número do DNI, os seus datos persoais e o lugar de realización da fogueira”.

As normas para a realización das fogueiras son as seguintes:

1ª.- Queda prohibido queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos.

2ª.- As fogueiras non poderán facerse en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou  xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo.

3ª.- Non poderá iniciarse a fogueira se as condicións meteorolóxicas dificultan o seu control, especialmente nos días de vento. Así mesmo, se  acendida  a fogueira aparecera vento, suspenderase inmediatamente e procederase á apagar o lume.

4ª.- Non se abandonará a vixilancia da zona queimada, ata que o lume estea totalmente apagado e non se observasen chamas ou brasas.

5ª.- O responsable ou responsables e os organizadores de cada fogueira deberán retirar do lugar de celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima.

6ª.- En caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas dos veciños, procederase a sufocar de inmediato a fogueira polo Servizo de Extinción de Incendios.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz