22 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

08.06.2013

A zona infantil do colexio de Nois será cuberta nas vindeiras semanas.

Anunciouno o alcalde de Foz na xuntanza cos veciños que mantivo na parroquia.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [82 Voto/s]

Foz, 8 de xuño de 2013.-  O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que a zona infantil do colexio de Nois será cuberta nas vindeiras semanas. Deuno a coñecer na xuntanza cos veciños da parroquia celebrada onte, que contou con moita participación.

O rexedor municipal explicou que foi “unha reunión interesante, que aproveitamos para explicar as medidas de austeridade aplicadas, como a redución de puntos de luz, e tamén a próxima substitución de alumeados deficientes na parroquia. Tamén demos a coñecer que no colexio vaise cubrir a zona infantil nas próximas semanas, tal e como prometeron o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, na súa visita o pasado ano”.

O alcalde tamén falou cos veciños de Nois sobre a próxima exposición ao público do plan xeral de ordenación municipal adaptado e comentou “a necesidade de ter un documento que aporte seguridade xurídica”.

Ademais, na xuntanza os veciños “amosaron a necesidade dun parque infantil porque Nois é unha das poucas parroquias do concello que non o ten e véñeno reclamando reiteradamente. Tamén pediron máis seguridade na estrada nacional, para o que solicitan ao Ministerio de Fomento que se reduza a velocidade e se prohiban adiantamentos”, destacou Javier Castiñeira, quen tamén recolleu as peticións de “paneis de información veciñal, bancos en zonas de paseo e o arranxo da rede de sumidoiros no cruce coa estrada xeral”.

O rexedor local lembrou “a necesidade de elixir xunta directiva da asociación de veciños, actualmente con xestora provisional, unha vez que se legalizou a situación documental do edificio social”.

Ademais do alcalde na reunión participaron o primeiro tenente de alcalde, Pedro Fernández Manín, e a concelleira de Medio Ambiente, Maite López.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz