18 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

07.06.2013

O Concello de Foz celebrou hoxe o día do Medio Ambiente cunha mesa redonda á que asistiron alumnos dos colexios Martínez Otero e do Pilar.

Ao remate visitaron á area recreativa do Bispo Santo.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [50 Voto/s]

Foz, 7 de xuño de 2013.- O Concello de Foz conmemorou hoxe o Día do Medio Ambiente cunha mesa redonda celebrada na sala Bahía e na que participaron as concelleiras focenses de Servizos Sociais e de Medio Ambiente, Mercedes González e Maite López, respectivamente; a farmacéutica Fátima Saa e a técnico de Medio Ambiente do Concello de Foz, Vanesa Iglesias.

No acto abordaron cuestións relativas a alimentación e a reciclaxe de residuos e contou coa asistencia de medio centenar de alumnos e alumnas de sexto curso de Primaria dos colexios do Pilar e Martínez Otero, que estiveron acompañados por dúas profesoras.

Maite López comentou que os escolares “fixeron preguntas e incluso propuxeron ideas de actividades para facer o vindeiro ano con motivo da conmemoración do Día do Medio Ambiente”.

Despois de asistir á mesa redonda desprazáronse á área recreativa do Bispo Santo onde “a actividade foi máis breve do previsto, porque empezou a chover”, explicou a concelleira de Medio Ambiente.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz