23 de Setembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

07.06.2013

A Xunta concedeu ao Concello de Foz un curso de xardinería con 15 prazas.

Desenvolverase na aula de formación que está no polígono industrial focense.

O alcalde destaca que servirá para formar persoas e mellorar as zonas verdes do municipio.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [56 Voto/s]

Foz, 7 de xuño de 2013.- A Xunta de Galicia concedeu ao Concello de Foz un curso de xardinería con 15 prazas, que se desenvolverá na aula de formación que está situada no polígono industrial focense. O alcalde, o popular Javier Jorge Castiñeira, destacou que servirá para formar persoas e para mellorar as zonas verdes do municipio.

O rexedor municipal anunciou que o grupo de goberno en Foz está moi contento posto que “a Xunta de Galicia, concretamente a Conselleira de Traballo e Benestar, acaba de conceder un curso de xardinería para o Concello de Foz, que se vai desenvolver nos próximos meses na aula de formación que hai no polígono industrial, que acolle tamén un obradoiro de emprego, que remata precisamente neste mes de xuño. E a partir de aí queremos arrancar con ese curso de xardinería”.

Para Javier Castiñeira este curso “é importante para seguir co noso proceso de axuda ao emprego e de formación de persoas, neste caso nunha rama importante como é a de xardinería. E ademais servirá para que os alumnos practiquen e boten unha man nos xardíns e nas zonas verdes do Concello de Foz, o que realmente nos ven moi ben”.

O alcalde aproveitou para “agradecer o traballo que se está facendo dende a escola obradoiro coa formación de 22 persoas e ademais as obras que están executando no concello quedan en moi boas condicións”.

“Alegrámonos de que se cumpra un compromiso máis por parte da Consellería de Traballo e Benestar, da que é responsable Beatriz Mato, e agradecemos as xestións por parte da delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, que está moi pendente dende logo de que esta aula de formación que temos no noso concello estea activa e así o seguiremos intentando”, manifestou Castiñeira.

O rexedor local rematou explicando que “todos aqueles veciños de Foz que estean interesados en facer este curso pódense dirixir á axente de desenvolvemento local (ADL) para que lles explique cando e como se vai proceder para iniciar este curso que vai acoller a 15 alumnos”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz