25 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

06.06.2013

A mesa redonda para conmemorar o Día do Medio Ambiente en Foz mañá, venres, contará con catro relatoras.

Despois alumnos dos colexios Martínez Otero e do Pilar participarán nun taller de limpeza na área recreativa do Bispo Santo.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [19 Voto/s]

Foz, 6 de xuño de 2013.-  O Concello de Foz conmemorará mañá, venres, o Día do Medio Ambiente cunha mesa redonda que se celebrará ás once da mañá na Sala Bahía coa participación de catro relatoras e despois haberá un taller de limpeza na área recreativa do Bispo Santo para alumnos dos colexios focenses Martínez Otero e do Pilar.

Na mesa redonda participarán as concelleiras focenses de Servizos Sociais e de Medio Ambiente, Mercedes González e Maite López; a farmacéutica Fátima Saa e a técnico de Medio Ambiente do Concello de Foz, Vanesa Iglesias. Despois medio centenar de alumnos do colexio do Pilar e do Martínez Otero desprazaranse en autobús ata a área recreativa do Bispo Santo para levar a cabo un taller de limpeza.
 
A concelleira de Medio Ambiente aclarou que “en ningún caso imos poñer aos rapaces a traballar no entorno da área recreativa; o único que pretendemos dende o Concello con esta iniciativa e conciencialos de que é preciso ser máis respectuoso coas zoas comúns, que debemos tratar o de todos como se fose a nosa propia casa e que é importantísimo coidar o medio ambiente”.

Maite López tamén comentou que “a do Bispo Santo é unha das festas tradicionais que se seguirá celebrando como se fixo ata o de agora; o único que falta por conseguir entre todos é que cando se acaba a fin de semana se deixe todo limpo e recollido como está cando comeza a festa”. E rematou agradecendo a colaboración dos colexios e das participantes na mesa redonda.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz