18 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

06.06.2013

O Concello de Foz reforzará a Policía Local durante o verán con 4 auxiliares.

Deste asunto falouse na reunión da xunta local de seguridade celebrada hoxe para preparar a campaña de verán.

O alcalde destacou a gran concentración de persoas na movida nocturna e na festa do Carme de San Martiño.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [10 Voto/s]

Foz, 6 de xuño de 2013.- A Policía Local de Foz será reforzada durante o verán con 4 auxiliares. Anunciouno o alcalde, o popular Javier Jorge Castiñeira, despois da reunión da xunta local de seguridade celebrada hoxe para preparar a campaña de verán, sobre a que o rexedor municipal destacou a gran cantidade de persoas que se concentran durante a movida nocturna e na festa do Carme de San Martiño.

Javier Castiñeira explicou que a reunión foi para “organizar a campaña do verán, ademais de ver e analizar os resultados deste ano que ten a Garda Civil, que neste caso eu creo que foron bastante positivos”.

Para a campaña estival o Concello “comprométese a reforzar a Policía Local con 4 auxiliares, para o que temos pendente de firmar un convenio coa Consellería de Presidencia. A Policía Municipal de Foz conta con 9 membros e ten bastantes dificultades para tratar de atopar o mellor para o pobo en temas de seguridade. No verán hai problemas coa movida nocturna polo que pedimos a máxima coordinación de todos os corpos, da Garda Civil e da Policía Autonómica, posto que é un momento complexo pois xúntase moita xente de noite”, manifestou o alcalde.

O rexedor local tamén comentou que “como novidade respecto ao ano pasado falamos da festa do Carme de San Martiño, que vai ser o 20 de xullo e congrega a máis de 15.000 persoas, polo que queremos que estea suficientemente cuberta polos corpos de seguridade. Son moitas persoas nun concerto de noite, nunha situación complexa de organización e queremos que colabore a Garda Civil, a Policía Autonómica e tamén a propia Policía Local, porque é un punto de interese non só en Foz senón na Mariña e concéntranse moitos rapaces e maiores. Queremos que haxa os menos imprevistos posibles e así o fixemos constar mostrando fotos e planos ao subdelegado do Goberno e ao resto dos representantes policiais”.

Castiñeira rematou comentando que “foi unha reunión moi frutífera en xeral para organizar o concello a nivel de seguridade no verán e esperemos que teñamos una temporada estival tranquila” e agradeceu a presenza do subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, e de todos os membros dos corpos de seguridade (da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local) e de Protección Civil de Foz.




Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz