13 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

06.06.2013

O Concello de Foz trasladará aos responsables da Deputación as queixas dos veciños das parroquias polo mal estado das estradas propiedade da institución provincial.

Este foi un dos asuntos que se trataron na xuntanza que o alcalde e outros membros do goberno local mantiveron onte en San Martiño.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [32 Voto/s]

Foz, 6 de maio de 2013.- O Concello de Foz trasladará aos responsables da Deputación de Lugo as queixas dos veciños das parroquias polo mal estado en que se atopan as estradas que a institución provincial ten no municipio focense. Este foi un dos asuntos que se trataron na xuntanza que o alcalde, o popular Javier Jorge Castiñeira, e os concelleiros Pedro Fernández Manín e Ánxel Paleo mantiveron onte en San Martiño. Pero este tema tamén saíu a relucir nas dúas reunións anteriores deste ciclo programado polo goberno municipal, celebradas nas parroquias de Vilaronte e San Martiño.

Despois da reunión celebrada onte no centro cívico de San Martiño o rexedor municipal agradeceu “a multitudinaria presenza de moitos veciños. Estivemos falando durante hora e media sobre a problemática das parroquias e serviu para trasladar as queixas e suxestións por parte dos veciños e explicar por parte do Concello a situación actual e as limitacións que temos para dar mellores servizos”.

Javier Castiñeira destacou que “hai bastantes queixas, comúns en todas estas últimas reunións que tivemos, polo estado das vías da Deputación de Lugo, xa que os firmes atópanse moi mal e as cunetas están sen rozar. Polo tanto nós vamos trasladar unha queixa aos propios responsables da Deputación para que fagan canto antes o mantemento, pois teñen completamente abandonadas as vías do concello de Foz”.

“Vemos que noutros concellos están a facelo, están intensificando moito as obras, pero en Foz verdadeiramente non é así. Súmome a esa queixa da alcaldesa de Lourenzá pois parece que para uns concellos a Deputación é moi amable e moi receptiva e está facendo moitas inversións, pero para outros concellos nin se colle o teléfono nin se fai o mantemento das vías e a colaboración é mínima. Polo tanto, vamos pedirlle á Deputación que nos trate igual que ao resto de concellos. Non sei se é pola cor política ou por afinidade persoal cos alcaldes, pero dende logo os focenses pagan os mesmos impostos que os veciños doutros concellos e necesitan tamén os mesmos servizos. Neste sentido os propios veciños das parroquias, das que tanto falan BNG e Partido Socialista, non están sendo tidos en conta, polo menos os de Foz”, manifestou hoxe Castiñeira.

O alcalde focense rematou reclamando “igualdade para todos e que manteñan as estradas da Deputación en bo estado e rozadas, posto que a maior parte delas dan pena. E que nos traten igual que ao resto de concellos, porque o merecemos. Creo que Foz, que é un dos concellos máis importantes da Mariña sen desmerecer a ninguén, non pode recibir peor trato que outros concellos con menos problemas, con menos extensión e con menos poboación e importancia”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz