22 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

04.06.2013

O concello de Foz celebrará o día do medio ambiente o vindeiro venres, 7 de xuño, cunha charla e cun taller de limpeza na área do Bispo Santo, segundo daba a coñecer no día de hoxe a concelleira de medio ambiente, Mayte López.

Este ano o lema é Pensa, aliméntate e aforra

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [10 Voto/s]

Foz, 4 de xuño de 2013.- O Concello focense celebrará o día do medio ambiente o vindeiro venres, 7 de xuño, cunha charla na sala Bahía e cun taller de limpeza na área do Bispo Santo. As actividades terán coma destinatarios os rapaces e as rapazas dos centros de ensino, segundo daba a coñecer a concelleira de Medio Ambiente.

Maye López explicou que “decidimos modificar por asuntos de axenda os actos do día mundial do medio ambiente para o vindeiro venres, 7 de xuño”. Este ano o lema é Pensa, aliméntate e aforra, “cremos que é un slogan bastante apropiado para os tempos que corren, sobre todo o de aforrar, porque as cousas están daquela maneira”, dixo Mayte López.

A edil popular indicou que “nós desde o Concello imos facer unha charla na sala Bahía que comezará ás 11 da mañá, e despois trasladarémonos á área recreativa do Bispo Santo, onde faremos un taller de limpeza. Despois da festa do Bispo Santo quedou todo un pouco sucio e queremos concienciar aos rapaces dos centros de ensino que é moi importante poder disfrutar de todo o que nos ofrece o noso pobo, pero unha vez feito deberíamos recoller, limpar e deixar todo correctamente, sobre todo para que poidan disfrutala outros. A área recreativa do Bispo Santo é de todos e debemos coidar e respectar o medio ambiente o máximo posible”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz