17 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

31.05.2013

Pleno da corporación municipal do concello de Foz do 30 de maio de 2013

Para o alcalde de Foz o pleno da corporación celebrado onte foi “bastante positivo” porque se aprobou o recoñecemento extraxudicial de crédito e a actualización do prezo do servizo de axuda no fogar. Pero a ordenanza para regular as terrazas da hostalería volveu quedar pendente.

Recomendar Imprimir Atrás

0.0/5 [0 Voto/s]

Foz, 31 de maio de 2013.- O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, fixo unha valoración “bastante positiva” do pleno ordinario da corporación municipal celebrado onte, no que foi aprobado o recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar facturas pendentes a provedores e a actualización do prezo do servizo de axuda no fogar. Pero a ordenanza para regular as terrazas dos establecementos hostaleiros volveu quedar pendente por iniciativa de PSOE e Unifoz.

O rexedor municipal explicou que despois do pleno da corporación municipal celebrado onte “a valoración do grupo de goberno é bastante positiva, a pesar de que quedou enriba da mesa novamente a ordenanza para as terrazas dos establecementos de hostalería, que se tiña practicamente consensuada con todos os grupos. Chama a atención que no pleno o PSOE e Unifoz volvan deixalo enriba da mesa. A sorpresa xa non foi só do Partido Popular senón tamén do propio Bloque, posto que pensábamos que na xunta de portavoces e nas comisións xa tíñamos todo resolto. Trataremos de solucionar estas pequenas discrepancias e levala novamente, por terceira vez, ao próximo pleno, pero é un mes perdido”.

Javier Castiñeira tamén destacou que “en temas de contas estamos satisfeitos, porque se sacou adiante a proposta de recoñecemento extraxudicial de crédito e con isto eses provedores que están pendentes de pago poderán cobrar. É interesante que os grupos actuaran con responsabilidade, o cal lles agradezo. E tamén a proposta de ordenanza fiscal reguladora do prezo público polo servizo de axuda no fogar, que era fundamental actualizala para poder cumprir coa lei 99/2012 de servizos sociais da Xunta de Galicia, posto que estaba en risco o financiamento do servizo de axuda no fogar. Estamos a falar de cerca de 250.000 euros. Polo tanto, satisfacción tamén posto que hai que actualizarse antes do mes de setembro”.

O alcalde comentou ademais que “saíu adiante tamén a ordenanza que regula o aproveitamento especial das vías públicas, sobre todo para explotacións madeireiras, tal e como se fixo en Ribadeo e en Lourenzá. Agora en Foz sacaremos a exposición pública esta ordenanza tamén para tela o antes posible en vigor. Polo demais tratáronse diferentes mocións dos grupos municipais nas que houbo bastante acordo. Foi un pleno interesante e a pesar de que non se sacou adiante a ordenanza da ocupación de vía pública coas terrazas teño confianza en que no próximo pleno vaia”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz