21 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.05.2011

Castiñeira propón en Cordido e San Acisclo a creación dunha brigada de mantemento do rural exclusiva para as parroquias focegas.

O candidato do Partido Popular comezou a campaña o domingo en Cordido e continuará hoxe en Santo Acisclo presentando un plan de traballo que garanta a igualdade entre todos os veciños

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [74 Voto/s]

O PP de Foz iniciou os actos da campaña electoral o domingo cun mitin na parroquia de Cordido, precisamente na parroquia do actual portavoz municipal popular, Pedro Fernández Manín, que repetirá na lista, en agradecemento ao seu meritorio labor nestes dous últimos anos. O candidato, Javier Castiñeira, anunciou a creación dunha brigada de Mantemento do Rural dotada con medios materiais e humanos para uso exclusivo nas parroquias, entre as propostas populares, así como o nacemento dun fondo común para asociacións veciñas, xusto e equitativo para que independentemente cada asociación o invista en melloras nos centros, nas áreas deportivas e recreativas e nas festas locais.

Con unha grande asistencia de veciños, o PP decidiu iniciar a campaña nas parroquias de Cordido, o domingo, e Santo Acisclo, esta mesma tarde, en dúas das nove parroquias máis abandonadas polo goberno de Rivera, onde só a uns días das eleccións están tratando de facer as obras de maquillaxe política, tarde, mal e á presa, que non fixeron nos últimos catro anos, co único pretexto de sacar rendemento electoral.

Castiñeira tamén propuxo para Cordido a creación dun acceso dende Vilamor ata Ferradás, ademais de mellorar o camiño dende O Sisto ata O Barral e completar o saneamento nos lugares do Sisto, Fabega e O Barral. Para Santo Acisclo, tal e como lles trasladará hoxe o candidato popular aos veiños, o obxectivo céntrase na creación dunha área recreativa na zona dos muíños e na segunda fase do saneamento, ademais dun plan de recuperación das ribeiras do Ouro de Santo Acisclo a Fazouro, en colaboración con Augas de Galicia, e a creación dunha senda verde. Castiñeira tamén fixo referencia á mellora do trazado e firme da estrada LU-151, dende Santo Acisclo ata Fazouro.

O Partido Popular falou, así mesmo, do seu plan de traballo en servizos sociais para as parroquias baseado na igualdade: “As parroquias poderán ter transporte diario cara ao centro de día que se creará xunto co xeriátrico, mellorarase da teleasistencia e crearase un servizo de cátering asistencial que, xunto co banco de alimentos e roupa, asistirá aos veciños máis desfavorecidos do núcleo urbano e as parroquias por igual”.

Castiñeira está a amosar grande inquietude polas parroquias, das que quere importar eses valores característicos de traballo, esforzo, humildade e respecto pola natureza, polas tradicións e os maiores, uns valores cos que configurou súa candidatura, apostando por que máis do 60% do seu equipo humano fose das parroquias, e que reafirmou na apertura da campaña en Cordido.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz