28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

30.05.2013

O alcalde de Foz presentou hoxe ao presidente de Augas de Galicia as dúas novas alternativas para a depuradora.

Na xuntanza tamén organizaron unha visita á Edar de Ribadeo con responsables políticos e representantes veciñais focenses.

Recomendar Imprimir Atrás

1.5/5 [6 Voto/s]

Foz, 30 de maio de 2013.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, reuniuse hoxe en Santiago co presidente do ente autonómico Augas de Galicia, Francisco Menéndez, e con técnicos dese departamento que depende da Consellería de Medio Ambiente para presentarlles as dúas novas alternativas para a construción da nova depuradora que xa dera a coñecer o rexedor municipal na última reunión da xunta de portavoces focense. No encontro tamén organizaron a visita que farán nas vindeiras semanas á Edar de Ribadeo para mostrarlles o seu funcionamento aos responsables políticos municipais e aos representantes veciñais de Forxán, Fazouro e Foz.

“O que intentamos con esta reunión co presidente de Augas de Galicia e os técnicos que levan o expediente da depuradora de Foz foi transmitirlles as dúas novas opcións que hai para construír a Edar. Non queremos que siga estancada, como está actualmente, a elección dese novo emprazamento, para o que a corporación non é capaz de dar ningún paso. Todos sabemos cales son os posicionamentos e nesa idea de desconxestionar este expediente o que queremos é dar dúas opcións máis para que os grupos políticos as valoren. Creo que son dúas alternativas que calquera delas é bastante positiva: unha no polígono industrial e outra en Forxán alto, na zona da estrada coñecida popularmente como As Pendellas, que está bastante illada”, explicou Javier Castiñeira, quen engadiu: “a ver si conseguimos na corporación, tratando de ceder algún da nosa parte, aprobar un destes novos emprazamentos. Augas de Galicia valorou moi positivamente o esforzo que está facendo o grupo de goberno para darlle solución a este problema que ten agora mesmo a corporación, que non se pon de acordo. Por nosoutros non vai quedar”.

O alcalde lembrou que o goberno municipal focense “xa deu tres alternativas á opción inicial que propoñía o PSOE, que se estancou nesa alternativa, en Forxán ao lado da costa, e nós xa presentamos tres opcións. Seguimos pensando que a mellor, dende logo, é Sarrido e despois calquera das outras dúas sempre son mellores solucións que seguir na situación na que está o concello de Foz, que é dramática. Ven aí o verán e os momentos de máxima actuación da depuradora actual e a imaxe eu creo non é boa para a marca Foz. Por iso o meu empeño e a miña idea é tratar de convencer aos grupos municipais para que se acheguen a algunha desa dúas novas opcións. Sería interesante que houbera un consenso máximo e se non dar solución dalgunha forma”.

Castiñeira anunciou ademais que “tamén decidimos cos responsables de Augas de Galicia que nas próximas semanas faremos unha visita á depuradora de Ribadeo, que ten similares condicións á que se pode facer en Foz, para ver o seu funcionamento e a súa afección. Para iso queremos citar aos representantes dos veciños de Forxán, de Fazouro e de Foz, ademais dos responsables dos grupos municipais. Espero que con esa visita cambie en algo a idea que temos todos do que é unha depuradora nova e en bo funcionamento cunha capacidade solvente, como é a de Ribadeo. Nese clima queremos abordar novamente este expediente e tratar de sacalo adiante, que é un problema político no que a corporación ten que dar a talla”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz