25 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

24.05.2013

O alcalde de Foz considera moi positivas as comisións municipais celebradas onte porque serviron para avanzar en asuntos como a ordenanza de terrazas e o recoñecemento extraxudicial para pagar facturas de provedores.

"As comisións celebráronse en un moi bo clima, resultando moi constructivas e productivas".

Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [70 Voto/s]

Foz, 24 de maio de 2013.- O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, fixo hoxe unha valoración moi positiva das comisións informativas municipais celebradas na tarde noite de onte porque serviron para avanzar en asuntos importantes como a ordenanza de terrazas e o recoñecemento extraxudicial pagar facturas a provedores.

Javier Castiñeira manifestou esta mañá que “despois das comisións de asuntos de pleno e de economía que tivemos onte os representantes do Concello de Foz a valoración do grupo de goberno é moi positiva, porque creo que se avanzou en varios asuntos pendentes importantes que se trataron nestas comisións e que xa analizáramos previamente na xunta de portavoces. O clima foi moi bo, moi interesante e moi produtivo, polo que felicito a todos os grupos”.

“Principalmente eu creo que estamos a punto de sacar a ordenanza de terrazas para os establecementos de hostalería, tan importante para o Concello de Foz previamente a unhas fechas estivais nas que é necesario ter unha ordenanza de acordo ás esixencias que ten que ter un pobo turístico coma Foz. Creo que hai un gran avance por parte de todos os grupos políticos, traballouse nunha serie de modificacións nas que todos estamos de acordo”, explicou o rexedor municipal.

Por outro lado, Castiñeira considera que “tamén se avanzou no recoñecemento extraxudicial que vai ir ao pleno deste mes para poder pagar aos provedores os 390.000 euros que hai de facturas do ano pasado: 220.000 euros das que quedaron fóra de contabilidade e outros 170.000 euros das que chegaron neste ano 2013 pero son do 2012. A este respecto hai que recordar que o Concello de Foz ten un aforro neto duns 490.000 euros. O resultado segue sendo moi positivo e conseguiuse tamén rebaixar dos 500.000 euros que se viñan arrastrando de sucesivos recoñecementos extraxudiciais a 390.000 este ano, que o exercicio máis difícil economicamente que está tendo o Concello xunto co ano pasado”.

Despois das reunións de onte o alcalde tamén é optimista “en canto á aprobación da actualización da ordenanza pola cobertura dos servizos de axuda a domicilio para a dependencia, coa intención de adaptarnos á lei da Xunta de Galicia, o que é fundamental posto que senón poderíamos perder o financiamento da administración autonómica, que cubre a maior parte do custo. Este servizo afecta a 55 dependentes de Foz que están recibindo ao ano 28.800 horas de servizo. Polo tanto deberíamos ser responsables, eu creo que así o vai facer o pleno, e sacar para adiante esta actualización da ordenanza”.

Por todo isto Castiñeira destaca “o bo clima que houbo nas comisións, que resultaron moi construtivas e produtivas, e espero que no pleno do día 30 saquemos para diante cousas importantes de Foz”.

A sesión plenaria de carácter ordinario que celebrará a corporación municipal focense o vindeiro xoves está convocada para as oito e media da tarde.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz